Resultados diversos na canteira
Novas xornadas na liga federada e na liga escolar con resultados diversos, pero con boa participación e actitude dos nenos e nenas participantes :
Ligas federadas
- Benxamín masculino, con cara e cruz, victoria clara do equipo A diante do CB Viveiro (54-23), deixando casi sentenciada a liga , e derrota do B en Burela contra CB Ribadeo (41-54), no que ademáis se perdeu o basketaverage e pasa a ocupar a terceira posición. A vindeira xornada, este fin de semana, o equipo B recibe ó CB Viveiro (Domingo 16h Vista Alegre) e o equipo A visita ó CB Ribadeo (sábado 19h).
Infantil feminino13/14 - Alevín masculino e mixto , coa derrota do equipo Mixto en ribadeo 40-25, cunha mellora no xogo e a victoria do A en Burela diante Viveiro (57-45). A vinderira xornada o euipo A visita Ribadeo (sábado 12h) e o equipo Mixto recibe ó Cb Viveiro (domingo 17,15 en Vista Alegre).
- Infantil feminino, que a diantou a súa xornada e saiu derrotado en Ribadeo (54-45), coas baixas de María e Paula, pero cun bo xogo colectivo e moitas gañas en defensa fixeron un bo partido.A segunda posición do grupo xa estaba asegurada.
Clasificación final Liga Norte Infantil Feminina. Clica para agrandar - Infantil masculino, descansou esperando polo partido en Ribadeo de este fin de semana.
- Junior Masculino, coa mellor noticia do fin de semana, victoria en Lugo diante Tigres por 50-59 nun gran partido dos de Manolo, acertados no tiro exterior e disciplinados en defensa. Xogaron: Diego, Martín 6, Román, Alberto 6, Rivas 11, Mario 2, Cristhian 21, Rafa, Miguel 2, Alejandro e Angel. Na clasificación mantéñense en 5ª praza pero poden ter opcións de clasificarse para a seguinte fase. Esperamos que esta dinámica positiva se manteña o vindeiro domingo (19h Vista Alegre) diante do equipo colista , Chantada.
Alevín Feminino Escolar |
Ligas Escolares
- Alevín Feminino, con derrota na casa diante Martínez Otero de Foz, 26-36, nun partido igualado pero con iniciativa visitante, e pagando a superioridade física das focenses na zona. Mal partido das nosas, cunha moi mala primeira metade, tiveron oportunidades no último cuarto de apretar o marcador pero o seu mal inicio lastrou ó equipo. a mellor do equipo foi Nuria, que aportou gañas e acerto en ataque.
- Benxamín feminino, con outra derrota contra O Pilar de Foz, 26-32, nun partido de alternativas no marcador, pero un nefasto cuarto cun parcial 2-12, marcou as diferencias. Destacou Claudia, e debutou Julia despois de moito tempo sen xogar. tamén destaca a aportación testimonial de xogadoras en idade prebenxamín.