martes, 28 de enero de 2014

Senior feminino: Decimoterceira victoria en Burela

Senior feminino: Outra victoria en Burela

    Nova xornada da liga FGB de 2ª feminina e nova victoria do noso equipo en Vista Alegre diante do CB Laracha Nova Facial, cun resultado final de 85-14.

    Partido fácil para as nosas diante dun rival da parte baixa da clasificación, que arrastraba baixas e non deu o seu verdadeiro nivel en Burela. Os rivais pechados en zona son vulnerables e agardamos poder enfrentarnos a rivais que defendan en individual paar poder amosar o noso potencial.
Tamara

   O partido non tivo moita historia pois as diferencias se foron aumentando de forma regular durante os 40 minutos e xa ó final do 1º cuarto (20-3) nos daba conta da diferencia de potencial e de ritmo de xogo entre os dous equipos. A defensa activa e adiantada das nosas poñía en moitos apuros ás rivais que chegaban ó descanso 30 puntos abaixo (41-11).

   Na continuación o cansancio e a fustración das rivais deixaba aumentar a diferencia o 59-13 ó rematar o 3º cuarto e no marcador final de 85-14.
Adela. 21 ptos.

    Polas nosas, destacar a presencia de 7 xogadoras en idade junior cunha interesante aportación ofensiva, o esforzo defensivo habitual e a anotación moi repartida no plantel. En ataque destacou Adela desde o banco, cun gran dinamismo nas súas accións.
   Despois de varias semanas sen o nivel de adestramento óptimo, incluso con problemas de pabillón para adestrar na última, o nivel de xogo das nosas baixou algo e debemos aproveitar estas próximas xornadas diante de rivais da parte baixa para voltar a incrementar o nivel de acerto en ataque e defensa dos meses de inicio da competición.

   Xogaron e anotaron: Miriam 8, Lucía C, 10, Mar 7, Katia 3, Tatiana 6, Tamara 6, Marta 4, Claudia 7, Margarita 9, Saray, Adela 21 e Celia 4.
Clasifiación e xornadas anterior e próxima

   Na clasificación seguimos invictas con 13 victorias e cunha marxe de 2 diante do Sta. María del Mar.  
A vindeira xornada temos o desprazamento máis longo (Cee) para xogar o sábado (18h) diante do Costa da Morte, rival con 4 victorias, duro , que nos debe poñer dificultades no noso xogo.