lunes, 13 de enero de 2014

SENIOR FEMININO: 1ª volta perfecta 11 de 11

Victoria en Coruña para cerrar unha 1ªvolta perfecta

   Difícil desprazamento do noso equipo senior a Coruña para enfrentarse ó segundo clasificado da liga, o Sta María del Mar, que só tiña unha derrota na clasificación e que acumulaba unha racha positiva de 9 victorias consecutivas.
    O noso equipo voltaba a ter baixas de xogadoras senior, pois ás baixas de Lucía Paz (para toda a temporada), e de Alba (desde novembro) uníase Mar que non podía viaxar por motivos profesionais, o que nos volvía a deixar sen xogadoras interiores para este complicado partido. A idade media das xogadoras que viaxaron a Coruña supera por pouco os 18 anos , pero levan demostrado a súa capacidade para competir a bo nivel.

      O partido iniciábase con altenativas no marcador, sen que as nosas impuxeran o ritmo do partido e así acababa o 1º cuarto cun igualado 4-13 para as locais. Tocaba cambiar cousas e o cambio defensivo foi moi positivo e un parcial de 9-23 daba unha ventaxa tranquilizadora ás nosas aínda que un triple inverosimil das locais reducía a ventaxa e deixaba o marcador en 26-36 ó descanso.
       As nosas conseguían manter a diferencia de 10 puntos durante o 3º cuarto (35-47) e acadaban a maior diferencia cun 37-51, para baixar nos últimos minutos nas que as locais aumentaban a súa presión e iban poñerse no último minuto a 5 puntos, pero a victoria xa era visitante (49-56).
Podes ver os resultados, a clasificación e a vindeira xornada.

      Unha gran victoria para o noso equipo, sen desplegar o xogo ó que nos teñen acostumados, diante dun equipo con superioridade física, veterano e que vai estar moi arriba na clasificación.

   Destacaron Lucía Carabán na dirección, Adela na anotación exterior , Margarita tanto en defensa como en ataque e a labor defensiva e de esforzo colectivo de todas as demais xogadoras.

  No CB Burela xogaron e anotaron: Miriam 7, Lucía C., 13, Tatiana, Marta 4, Claudia 2, Margarita 12, Saray, Adela 10 e Celia 6.

   Esta victoria cerra a primeira volta perfecta das nosas , con 11 victorias consecutivas e reforza o liderato ampliando a marxe de seguridade a 2 victorias, polo que a segunda volta debe ser máis tranquila ó xogar 8 dos 11 partidos que faltan en Burela.
    A vindeira xornada visita Burela o CB do Lea (Castro) equipo ó que derrotamos a domicilio con dificultade no mes de decembro.