domingo, 10 de marzo de 2013

Xornada negra da base e suspensión en senior

Mala xonada na base e victoria das cadetes

  No sprint final das ligas escolares moi malas noticias pola derrota dos equipos que compiten nas ligas da comarca.
  • Derrota dos alevíns masculinos B (2002) diante do Martínez Otero que os deixa na terceira praza da liga. Mal partido dos de Rubal onde os erros nos tiros e pases levaron ós locais a ter cómodas rendas. Non podemos disculparnos nas actuacións arbitrais caseiras sempre en Foz pois este equipo debe facer as cousas moito mellor como demostrou na 1ª volta.
  • Derrota das alevins femininas tamén en Foz (38-24) despois duns fatais dous últimos cuartos onde non se defendeu correctamente e onde o ataque non aportou puntos.
  • O equipo B infantil feminino perdeu por 20 puntos tamén en Foz pero o seu xogo deu mostras de melloría e contou con Paula que empeza a liderar este grupo.
  • En Burela, derrota das infantís femininas diante do Lourenzá - Mondoñedo por só seis puntos  e plantando cara a un dos mellores equipos do seu grupo. Boas noticias para as nosas que o vindeiro ano pasaran a ser un dos equipos favoritos.
    Cadetes CB Burela 2012/13 co seu adestrador Madar
    Pero non todo foron malas novas para as nosas, as cadetes gañaron nun partido moi intenso ás Celtas de Foz (38-32) asegurándose a terceira praza da liga FGB lucense . Partido positivo na 1ª parte con  rendas superiores ós 10 puntos  baseado na defensa zonal e mixta . Os partidos fanse moi longos para as nosas (son só 6 cadetes cos esporádica axuda de 2 infantís) e as de Foz remontaron cunha boa defensa e maior acerto exterior chegando a empatar o partido no último cuarto no que se decideu o partido con boas accións individuais das nosas.
   Este domingo (19h.) rematan a liga na cancha do difícil Estudiantes de Lugo coa posibilidade no caso de victoria e basketaverage favorable de optar á segunda praza o que sería un enorme éxito para este equipo tan limitado de efectivos.

   En SENIOR, suspensión do partido en Lugo contra Pulpalia por problemas no equipo lucense, partido que se pasa ó vindeiro 14 de abril.

viernes, 8 de marzo de 2013

Xornada e clasificacións

Xornada do fin de semana e clasificacións

    Nova xornada das ligas escolares e das ligas da Federación (cadetes e senior).  destacan os enfrentamentos contra Martínez Otero en Foz de alevíns masculinos (2002) e femininos w das infantís femininas e contra Lourenzá-Mondoñedo en Burela para as alevíns e infantís femininas en Burela.

     Para as cadetes femininas dobre xornada e rematan a liga regular do grupo lucense da 2ª FGB contra Celtas de Foz o venres 8 (19.30h Vista Alegre) nun interesante partido onde se xogan a terceira praza e o domingo en Lugo contra Estudiantes (19h Anexo Pazo) onde poden ter opcións de chegar á segunda praza ou quedar en cuarta posición).

     Por último, en Lugo tamén ás 19h no Anexo do Pazo , as senior tentarán de conservar a primeira praza contra Pulpalia Lugo nun partido que pode significar a revancha da última derrota das nosas no Monte Castelo (37-41) contra un equipo veterano e ben armado. Se as nosas gañan darían un paso enorme nas súas posibilidades de quedar no máis alto da clasificación e conseguirían alongar a racha de victorias a 10 (unha volta enteira).

  Podes coñecer as clasificacións na web da Fegaba ou clicando nas imaxes de abaixo


  

sábado, 2 de marzo de 2013

As seniors van lanzadas

Novena victoria consectiva das senior

    Novena victoria seguida das nosas diante de un rival directo, o Sta. María del Mar de A Coruña (segundo clasificado), nun partido no que o CB Burela soupo gañar e ter unha diferencia que nos da xa un basketaverage positivo para posibles empates finais).

CB Burela senior feminino.
    Nun partido no que nas gradas estaba Araceli (lesionada de gravidade na 1ª volta) as nosas afrontaban o inicio de partido cun exceso de tensión polo que as perdas de balón e os erros sen xustificación levaban ás nosas a un parcial negativo de 2-9 que só con enerxía defensiva e un pouco máis de acerto se podía empartar no final do cuarto (13-13). O segundo cuarto parecía que voltábamos ós erros (19-24) pero o ritmo de xogo, a defensa e a intensidade iban dando xa os seus froitos e rematábamos o cuarto cunha diferencia positiva de 10 puntos (37-27) cun parcial demoledor de 18-3 para rematar a 1ª parte.
   Unha vez que xa sabíamos o camiño o terceiro cuarto foi de dominio total das nosas cun pacial de 23-4 que deixaba xa decicido o partido (60-28). O último parcial foi de trámite e deixou a diferencia final en 32 puntos (76-44).
     Temos que destacar o enorme esforzo das nosas xogadoras, incansables, o espíritu de equipo que conseguiron e o repartido da aportación ofensiva (6 xogadoras con 10 ou máis puntos). Se temos que destacar a alguén, Carla con 18 puntos saíndo do banco nos ofreceu o seu mellor partido da temporada.

  Polo CB Burela xogaron: Miriam (13), Melani (1), Mar (10), Irene Fdez.(10), Carla (18), Lucía (2), Irene M. (2), Marta (12), Claudia e Margarita (10)       

          Tanteo: 13-13  /  24-14  /  23-4  /  16-13   21  faltas , sen eliminadas

   Como nota negativa, Sol non puido xogar por atoparse indisposta e lucía xogou moi mermada por un esguince do adestramento do venres.

    O vindeiro fin de semana seguen as emocións fortes pois visitamos ó Pulpalia (4º clasificado), pero tentaremos conseguir unha nova victoria e alongar un pouco máis esta racha tan positiva.

Accidentado sábado de deporte escolar

Sábado accidentado no basket escolar 

     Boas novas para o equipo benxamín de Manolo Cobas  pois a súa visita ó Mtnez. Otero de Foz foi positiva cun resultado (19-31 final) aínda que iba a disputar este partido coas baixas importantes de Pablo e Diego. Con esta victoria casi se asegura o primeiro posto da liga benxamín mixta e a súa participación nas finais provinciais.

      Peor sorte correron os alevíns de Rubal, cunha inxusta derrota en Foz diante do Mtnez Otero (38-37) nun partido ó que viaxaban coa destacada baixa de Diego Pardo, enfermo, e que , nun partido moi irregular, perdían varias posesións para gañar (empate a 37) e no que os nervios non nos deixaron anotar no tempo extra e só un tiro libre lles deu a victoria ós locais.
Alevín  A (2001) durante un adestramento
       Tamén volveron cunha derrota os alevíns B (2002) diante dun equipo que vai gañar a liga (CB Ribadeo) pero nun partido no que tiveron opcións (1º cuarto gañando 8-14) pero no que as moitas perdas de balón fixeron que os noso encaixaran unha derrota por 10 puntos. Este equipo deberá mellorar a dinámica de conxunto para rematar a liga nos postos altos nos que está situado desde o inicio da temporada.

     Por último, os equipos infantís tanto masculino como o enfrentamento entre os nosos equipo infantís femininos non se puideron disputar no Pabillón Monte Castelo pola avería do sitemas de elevación das canastras. Deberemos buscar unhas datas para estos partidos.