Sábado accidentado no basket escolar
Boas novas para o equipo benxamín de Manolo Cobas pois a súa visita ó Mtnez. Otero de Foz foi positiva cun resultado (19-31 final) aínda que iba a disputar este partido coas baixas importantes de Pablo e Diego. Con esta victoria casi se asegura o primeiro posto da liga benxamín mixta e a súa participación nas finais provinciais.
Peor sorte correron os alevíns de Rubal, cunha inxusta derrota en Foz diante do Mtnez Otero (38-37) nun partido ó que viaxaban coa destacada baixa de Diego Pardo, enfermo, e que , nun partido moi irregular, perdían varias posesións para gañar (empate a 37) e no que os nervios non nos deixaron anotar no tempo extra e só un tiro libre lles deu a victoria ós locais.
Alevín A (2001) durante un adestramento |
Tamén volveron cunha derrota os alevíns B (2002) diante dun equipo que vai gañar a liga (CB Ribadeo) pero nun partido no que tiveron opcións (1º cuarto gañando 8-14) pero no que as moitas perdas de balón fixeron que os noso encaixaran unha derrota por 10 puntos. Este equipo deberá mellorar a dinámica de conxunto para rematar a liga nos postos altos nos que está situado desde o inicio da temporada.
Por último, os equipos infantís tanto masculino como o enfrentamento entre os nosos equipo infantís femininos non se puideron disputar no Pabillón Monte Castelo pola avería do sitemas de elevación das canastras. Deberemos buscar unhas datas para estos partidos.