viernes, 29 de marzo de 2013

Boas noticias desde o Torneo de Lourenzá

As senior e as cadetes clasificadas para semis

  Boas noticias desde Lourenzá, onde os nosos equipos cadete e senior femininos están a disputar este tradicional torneo onde se xuntan equipos de toda España. Despois de dúas xornadas de partidos moi disputados as nosas consiguen meterse nas semis e intentarán na xornada de sábado darnos unha grata sorpresa pelexando por estar nas finais.

  O equipo cadete chega a semifinais como segundo do seu grupo despois de perder contra Ensino Lugo 28-26 nun pésimo partido onde tiveron opcións de victoria despois dun mal inicio de partido. Na xornada de venres desfixéronse  de Lourenzá - Mondoñedo cun cómodo 41-11 dando xa mostras do potencial que  ten este grupo, reforzado con xogadoras do CB Viveiro (Celia e Fátima) e de Foz (Carla).
As nosas coas participantes de concurso de triples e xogadoras senior do Ensino
  Tamén as senior sufriron para chegar a semifinais, pero despois do empate inicial contra Bujassot Valencia (40-40) onde fixeron un gran partido ensombrecido pola falta de rebote defensivo e a porcentaxe baixa de tiros libres e a derrota clara diante Oribeltza Portugalete 29-57, superadas en intensidade polo equipo vasco, na xornada do venres volveron a realizar un partido completo gañando 48-28 ó equipo rioxano do CB Cenicero ó impoñer a súa defensa e o seu xogo interior. As rivais das nosas sairán do enfrentamento entre Onil alicante e o Ensino Lugo nunha semifinal que xa é un éxito para este equipo de tan recente creación. O noso equipo tamén se reforzou coa base junior de Viveiro (Adela) e coa nosa coñecida pivot de Xove (Marta Alvarez) que adestra con nós cando os estudos lle deixan.

   Tamén, como se ve na foto, as nosas participaron no concurso de triples aínda que os nervios e a falta de experiencia non lles axudou e non superaron  a 1ª ronda agás asdela das nosas senior que quedou ás portas da final.