domingo, 10 de marzo de 2013

Xornada negra da base e suspensión en senior

Mala xonada na base e victoria das cadetes

  No sprint final das ligas escolares moi malas noticias pola derrota dos equipos que compiten nas ligas da comarca.
  • Derrota dos alevíns masculinos B (2002) diante do Martínez Otero que os deixa na terceira praza da liga. Mal partido dos de Rubal onde os erros nos tiros e pases levaron ós locais a ter cómodas rendas. Non podemos disculparnos nas actuacións arbitrais caseiras sempre en Foz pois este equipo debe facer as cousas moito mellor como demostrou na 1ª volta.
  • Derrota das alevins femininas tamén en Foz (38-24) despois duns fatais dous últimos cuartos onde non se defendeu correctamente e onde o ataque non aportou puntos.
  • O equipo B infantil feminino perdeu por 20 puntos tamén en Foz pero o seu xogo deu mostras de melloría e contou con Paula que empeza a liderar este grupo.
  • En Burela, derrota das infantís femininas diante do Lourenzá - Mondoñedo por só seis puntos  e plantando cara a un dos mellores equipos do seu grupo. Boas noticias para as nosas que o vindeiro ano pasaran a ser un dos equipos favoritos.
    Cadetes CB Burela 2012/13 co seu adestrador Madar
    Pero non todo foron malas novas para as nosas, as cadetes gañaron nun partido moi intenso ás Celtas de Foz (38-32) asegurándose a terceira praza da liga FGB lucense . Partido positivo na 1ª parte con  rendas superiores ós 10 puntos  baseado na defensa zonal e mixta . Os partidos fanse moi longos para as nosas (son só 6 cadetes cos esporádica axuda de 2 infantís) e as de Foz remontaron cunha boa defensa e maior acerto exterior chegando a empatar o partido no último cuarto no que se decideu o partido con boas accións individuais das nosas.
   Este domingo (19h.) rematan a liga na cancha do difícil Estudiantes de Lugo coa posibilidade no caso de victoria e basketaverage favorable de optar á segunda praza o que sería un enorme éxito para este equipo tan limitado de efectivos.

   En SENIOR, suspensión do partido en Lugo contra Pulpalia por problemas no equipo lucense, partido que se pasa ó vindeiro 14 de abril.