A BASE REMATA AS SÚAS LIGAS
Novo fin de semana de competición e as ligas escolares van rematando con enor ou maior sorte para os noso equipos:
- O equipo benxamín mixto remata a súa liga como local diante do Mtnez. Otero B de Foz o vindeiro sábaso nos Castros. O xoves xogou un partido aprazado en Ribadeo e volveu cunha cómoda victoria por 20 puntos de diferencia. A liga benxamín xa é do noso equipo.
- Os prebenxamíns desprazaranse a Vegadeo a disputar un partido co equipo local o sábado ás 15.45h. Unha boa oportunidade de ver ós nosos integrantes máis novos e saber os avaces realizados este ano.
- Os alevíns A rematan a liga recibindo ó débil Celtas de Foz, e os alevíns B desprázanse a Vegadeo para medir o seu nivel co CB Vegadeo o sábado pola mañá.
- As alevíns femininas descansan.
- O equipo infantil masculino rematou a súa liga clasificado no terceiro lugar, bo resultado para un grupo novo que debe mellorar moito no ano que ven.
- As infantís femininas descansan.
- As cadetes femininas disputan o luns 25 (12h Vista Alegre) o partido de ida das semifinais provinciais diante do poderoso CB Estudiantes de Lugo.
- As senior xa preparan desde hoxe o torneo de Lourenzá que inician o vindeiro xoves.
Os adestramentos da base se suspenden na Semana Santa, agás o equipo cadete e o equipo senior que prepararán o torneo de Lourenzá.