RECTA FINAL DAS LIGAS ESCOLARES
Empezan a celebrarse as ultimas xornadas das ligas escolares e este fin de semana temos:
- O equipo benxamín mixto xoga un importante partido diante do Pilar de Foz onde pode casi asegurarse a primeira posición do seu grupo e ir á fase final provincial.
- Os alevíns masculinos se enfrentan entre sí o domingo (para non alongar demasiado a xornada do sábado no Monte Castelo) esperando que sexa un partido igualado con moitos puntos para comprobar os seus progresos.
- As alevíns tamén se enfrentan entre elas sin que sexa un resultado fácil de saber pois o nivel dos dous equipos é parecido.
- Os infantís masculinos teñen un duro partido diante dos favoritos Mtnez Otero de Foz, pero este grupo en Burela xa deu algunha sorpresa e será un partido moi interesante.
- As infantís femininas xogan diante do CB Ribadeo para intentar devolver a derrota que trouxeron de Ribadeo na 1ª volta.
Tamén xogan as senior en Burela, diante dun equipo da parte alta da clasificación o María Pita de A Coruña, equipo do CB Coruña, adestrado por un clásico do baloncesto galego ,Calvelo. Será un partido difícil polo nivel das visitantes e polo parón das nosas que levan dúas semanas sen competir e con poucos adestramentos, Se logran a victoria sería un importante paso para manter o liderato antes dun parón da competición (ata abril pola Semana Santa) que compensaremos participando no Torneo de Lourenzá diante de clubes de toda España.