Canteira: Fin de semana para esquecer
Nova xornada dos noso equipos de base e malos resultados para o CB Burela, con derrota en juniors, infantís, alevín e benxamín feminino.
- Junior masculino, co partido de volta en Lugo da semifinal provincial contra Estudiantes (que xa gañara en Burela). Derrota final 68-54 nun partido moi competido que un dos árbitros se dedicou a estropear, coas faltas e técnicas coas que perseguiron ós mellores dos visitantes Omar e Cristian. Esta dificultade fixo que un marcador favorable de 8-17 se convertira nunha diferencia en contra no segundo e terceiro cuartos. Os de Manolo xogaron co hándicap da baixa do base Miguel lesionado e coa ausencia dos xogadores exteriores por faltas. O mellor en ataque foi Omar con 21 ptos.
- Infantil feminino, con outra derrota en Lugo contra Cidade de Lugo 48-40, con Paula como xogadora máis destacada con 19 puntos. A ausencia de marcador electrónico (moi habitual na capital lucense) desvirtúa o xogo, pois non se pode seguir con claridade o partido. O mellor das nosas foi o último cuarto cun parcial de 8-14, cunha imaxe na que debemos insistir no futuro.
- Infantil masculino, con outra derrota 74-46 en Lugo contra Cidade de Lugo, con marco e Noel como xogadores destacados (18 e 10 ptos.). a peor noticia foi a lesión de angel no 1º cuarto e o mal xogo xeral, pouco rebote, mala circulación de balón e pouca intensidade . Toca mellorar e recuperar efectivos para o futuro.
- Alevín masculino FGB, cunha clara derrota 42-90 contra Culleredo en Vista Alegre. Os nosos seguen sen adaptarse á 1ª división galega e sufriron unha clara derrota como locais. Miguel e Cristhian foron os mellores nos nosos e a baixa intensidade e os casi 40 balóns perdidos no partido (16 no primeiro cuarto) fixeron o resto. O equipo vaise abaixo coas adversidades e non levanta cabeza co marcador en contra. Toca traballar para afrontar con máis garantías o encontro do domingo contra CB Ferrol en Burela.
- Benxamín feminino escolar, con outra derrota en Ribadeo, pero unha derrota por só 10 puntos (43-33), contra un forte rival (gañou de 30 en Burela). Estas nenas están facendo un traballo fantástico (dirixidas por Marga e Lucía) e no futuro nos agardan boas novas.