martes, 18 de marzo de 2014

Senior fem.: Doble xornada con dúas victorias

Dúas victorias máis para as nosas seniors

   Fin de semana intenso para o noso equipo senior feminino, con doble xornada incluíndo o partido da xornada 19 en Sarria e o partido aprazado en Burela contra Pulpalia Lugo. E foi un fin de semana positivo pois o equipo acadou unha doble victoria en menos de 24 horas que deixa a liga casi sentenciada a favor das nosas.

 CB SARRIA 51-CB BURELA 68

    Desprazamento á sempre dificil cancha de Sarria, cun equipo xa coñecido de categorias inferiores, ben adestrado e con nivel de físico e intensidade que as levou á terceira praza da liga coa baixa de Claudia por problemas físicos.
Equipo ó completo CB Burela Sr Feminino
    O partido empezou de maneira brillante para as de Burela, cun parcial no 1º cuarto de 4-20 (parcial 2-20) que deixaba ver un xogo moi equilibrado entre a intensa defensa e o ataque contra defensa individual moi ben resolto no que destacaba a nosa capitana Marta. O nivel da defensa local tiña que subir e conseguiron as de Sarria conter a diferencia ó descanso 19-35.
     A segunda parte foi ben distinta pois a dureza defensiva das locais e o gran acerto no tiro neste cuarto e unha técnica ó noso adestrador polas protestas diante da dureza local,  levou ás locais a achegarse no marcador ata os 6 puntos ainda que se remataba o cuarto cun tranquilizador 42-53. Quedaba un cuarto e as sarrianas levaron o partido ó límite baixando a diferencia por debaixo dos 10 puntos pero as de Rubal pegaron un arreón final en defensa e no acerto no tiro que levou á diferencia final de 18 puntos.

   As nosas junior xa acumulaban un esforzo pola mañá do sábado e había partido aprazado ó día seguinte polo que non se disputou o partido coa intensidade habitual para gardar forzas e evitar lesións nun fin de semana tan cargado.

   Polo CB Burela xogaron e anotaron: Miriam 11, Lucía 12, Mar 10, Tatiana 3, Tamara 2, Marta 8, Margarita 10, Adela 10 e Celia 2.   4-20/15-15/23-18/9-15  24 faltas sen eliminadas

    Destacou de novo o conxunto, anotando de forma moi repartida e con espíritu colectivo en defensa.

CB BURELA 65- PULPALIA LUGO 44

   Xa na tarde do domingo recibíamos ó Pulpalia Lugo, equipo da zona media con xogadoras veteranas que nos gañaran na pasada temporada en Burela e que quedaran moi arriba na clasificación no pasado curso.

Tempo morto contra Pulpalia (1ª volta) - Foto Marta Alv.
  Co desgaste do partido "duro" en Sarria as nosas afontaban o seu segundo ou terceiro (juniors) partido no fin de semana e o primeiro cuarto foi igualado pois as visitantes co tiro exterior e a calidade da súa interior Fernández igualaban o cuarto cun 14-12 no marcador. Co aumento da intensidade defensiva e a posibilidade de anotar en contraataque e en transición se fixo un cuarto casi perfecto (21-6) para rematar ó descanso cunha renda 35-18 que deixaba o partido casi sentenciado. Un novo cuato brillante deixaba a diferencia en 56-31 para acabar o partido coas xogadoras con menos minutos e rematar o partido cun resultado claro de 65-44.
  Bo partido en liñas xerais, con anotación repartida e esforzo defensivo notable polo desgaste de anteriores partidos, no que debemos destacar no ataque a  Margarita na segunda metade.

   Polo CB Burela xogaron e anotaron: Alba 3, Miriam 2, Lucía 5, Mar 7, Tatiana 6, Tamara 4, Marta 8, Claudia 2, Margarita 17, Saray, Adela 7 e Celia 4.


    Así o equipo segue imbatido, con 19 victorias consecutivas a falta das últimas 3 xornadas e con 2 victorias de marxe coas segundas clasificadas, Sta. María del Mar. a vindeira xornada recibimos ó Corgo (5º clasificado) en Burela o domingo en Vista Alegre (19h.)