lunes, 8 de diciembre de 2014

Nova derrota na prórroga das senior

As senior caen en Santiago nun final moi apretado

  Cuarta xornada da 1ª Autonómica e viaxe a Santiago para enfrentarse a Pío XII, todo un clásico da categoría e unha das plantillas máis completas, tanto por número como por calidade. 

   De novo , o inicio das de Rubal foi moi brillante cunha defensa moi efectiva e un ataque brillante baseado nas transicións e nun moi bo movemento de balón , cunhas ventaxas de ata 11 puntos ó rematar o cuarto (6-17). O segundo cuarto tamén foi para as nosas pero cun criterio arbitral moi riguroso dos contactos en defensa, as nosas empezaban a baixar o ritmo defensivo (pasando a zona) e as rivais íbanse ó descanso con 13 puntos abaixo (18-31).   Destacaban polas nosas Mar (o mellor partido da temporada) , Marta Cifu e Lucía C. , cun baloncesto vistoso e efectivo.
Mar
  A segunda metade empezou cunha subida da intensidade defensiva das santiaguesas que as levou a recortar as diferencias tanto polo seu acerto exterior como polas pérdidas das nosas , que acusaban o desgaste como tamén empezaban a ter problemas de faltas (Marga 4). O resultado aínda era favorable para o CB Burela 34-38 cando se iniciaba o último cuarto no que as locais , pletóricas ,se adiantaban no marcador ó mesmo tempo que iban caendo eliminadas 4 das 5 titulares (Mar, a 7 minutos do final, Marga, Marta e Celia), polo que o resto de xogadoras debía conter a avalancha santiaguesa e remontar 5 puntos de desventaxa nos últimos 3 minutos. Lucía C., motor do equipo, tomou o mando e volveu a poñer ás nosas por diante con varias accións de mérito e se mantiveron opcións de victoria cunha posesión final na que as visitantes non lograron anotar e o partido se foi á prórroga (59-59).
   Con todo en contra, as nosas se adiantaron 59-63, pero o cansancio e as continuas faltas sinaladas en contra (¡¡30 faltas!!, 19 na segunda metade, nun equipo que non destaca pola agresividade e que defendeu en zona boa parte do partido), déronlle de novo unha lixeira ventaxa ás locais coa que rematou o partido (70-65).
   Xogaron : Marta A.(2),  Fátima (2),  Mar (16), Laura, Tania, Marta C. (7), Lucía C.(19), Marga (8), Adela (5) e Celia (4).   
       Parciais 6-17 //12/14 // 16-7 // 25-21 //11-6      30 faltas (eliminadas Mar, Marta, Marga e Celia)

   Debemos destacar como positivo o bo xogo das nosas na primeira metade, o esforzo xeral e a aportación de xogadoras pouco habituais que deberon sumar en minutos decisivos  e pola parte negativa os problemas do equipo contra defensas moi agresivas nas que os contactos son continuos cun criterio arbitral varía moito dunha xornada a outra.

   Catro partidos de liga con resultados moi apretados , que podían ser 4 vicorias ou catro derrotas pero que, na realidade nos colocan penúltimos con 1 victoria e 3 derrotas nunha liga moi igualada. 

  A vindeira semana, en Vista Alegre (domingo 17h), unha nova oportunidade de sumar unha victoria antes do parón do Nadal, coa visita do colista Poriño (sen victorias en 4 partidos).