domingo, 7 de diciembre de 2014

Hugo , Pablo e Antón coa selección da Mariña

Presencia de xogadores do CB Burela en Santiago

  Os xogadores do CB Burela Alevín masculino , Hugo Cobas , Pablo Fdez.e Antón Expósito, foron seleccionados para representar á Mariña na Xuntanza de seleccións de Minibasket que se celebrou hoxe , sábado día 6, en Santiago.

   Un ano máis o noso clube aporta xogadores a este combinado, xogadores de primeiro ano alevín (o que lles da máis mérito, no caso de Antón aínda en idade benxamín) e que reforza o traballo dos adestradores de categoría iniciación, benxamín e alevín do noso clube, así como un premio ó seu esforzo e dedicación nestes anos nos adestramentos da súa categoría e , moitas veces, da categoría inmediatamente superior.
Convocatoria da Selección da Mariña

  Hugo e Pablo (2004)e Antón (2005) xa formaron parte do equipo alevín que o pasado ano disputou Liga Galega por primeira vez na historia do noso clube, e tiveron minutos para reafirmar a súa valía e coller experiencia para destacar na categoría de minibasket (na que lles queda outro ano máis).

   Desde o CB Burela queremos ofrecer o seu exemplo para todos os nenos e nenas que se inician neste deporte, reforzando a idea de esforzo e continuidade para conseguir este tipo de logros.

   Asimesmo, unha xogaora alevín formada no noso clube (aínda que este ano milita no CB Ribadeo), Nuria Bermúdez, tamén foi seleccionada (esta vez para o combinado de Lugo) e tamén se debe destacar o mérito dos nosos adestradores.