viernes, 26 de diciembre de 2014

Victoria dos senior para despedir o ano

Cara para os senior e cruz para as cadetes

Héctor e Randy, destacados
  Última xornada do ano para o CB Burela , con só dous partidos  fin de semana comn desigual sorte nos resultados finais:
Clasificación actual SENIOR
  • SENIOR MASCULINO, victoria clara  dos nosos senior diante Garabolos, cun resultado final 65-46. O equipo de Manolo parece que vai asentando o seu xogo, potenciando os seus puntos fortes e ocultando as súas debilidades. O xogo interior vai empezando a tomar protagonismo e no partido do domingo destacou Héctor con 14 puntos e no xogo exterior non se depende tanto do tiro de 3 puntos destacando Randy con 18 puntos. Só o lunar das pérdidas de balón fixeron que este partido fora redondo para o CB Burela. Agora toca descansare empezar a preparar o derby contra O Ribadeo do 11 de xaneiro co que remata a primeira volta da liga.  Na clasificación estamos na 8ª posición pero a unha soa victoria dos quintos clasificados.

Clasificación Cadete Feminino
  • CADETE FEMININO, derrota contra CB Ribadeo 40-51, na que o equipo de Madar fixo frente a un dos equipos favoritos nun bo partido no que destacaron Paula (13 puntos) e Teresa. A aportación do resto do equipo estivo moi repartida e a ausencia por lesión de María Chao sigue pesando na dirección en pista do equipo. Destaca o feito de perder por unha diferencia moito menor que a primeira volta, notándose certa evolución positiva no equipo ó que lle faltan referencias ofensivas. O equipo está asentado na parte media da clasificación, asentado na 4ª posición , que realmente é a posición que este equipo pode aspirar pola diferencia de nivel dos equipos que están nas tres primeira prazas. O seguinte partido srerá no mes de febreiro (por xornadas adiantdas e ó descansar na seguinte xornada) contra Cidade de Lugo, rival moi asequible para incrementar o número de victorias.