IMPORTANTE VICTORIA DAS SENIOR EN BURELA
Nova xornada da 1ª autonómica e segunda victoria do CB Burela diante do PBB Porriño por 70-62, primeira victoria como locais esta temporada.
Despois de varios finais apretados a visita do colista Porriño era unha boa oportunidade de voltar ó camiño das victorias, refrendando o bo xogo quelevaba desplegando o noso equipo en varios partidos sen a recompensa da victoria (que se escapaba nos últimos instantes dos partidos).
As baixas das senior Laura Chao e Marta Alvarez supoñían un problema na mermada rotación local, polo que o concurso das máis novas era para este partido moi importante.
Empezou o partido con boa producción ofensiva por parte dos dous equipos (8-10 min. 5), pero coas variantes defensivas as nosas colleron xa ventaxa no marcador ó finalizar o 1º cuarto (19-13). O segundo cuarto foi o mellor do partido, moi productivo en ataque (23 puntos) e cunha boa defensa, podendo deixar finiquitado o partido, pero algúns erros en ataque e os rebotes en defensa perdidos aínda deixaban as visitantes no partido, pero 15 puntos abaixo (42-27). Gran 1ª parte (como en anteriores partidos) con todas as xogadoras producindo e momentos de gran acerto ofensivo, destacando a entrada de Adela no partido con 9 puntos, Marta na súa boa liña e Mar no xogo interior.
Tempo morto en Vista Alegre |
A segunda parte empezou coa mellora ofensiva das de Porriño que con dous triples (S. Alonso con 8 puntos casi seguidos) o que baixaba a ventaxa a 10 puntos mediado este cuarto, diferencia coa que se chegou o final (52-42) pero coa sensación de que as de Burela empezaban a fallar en cousas moi sinxelas como o pase e tiros cercanos.
Esta sensación negativa se foi incrementando ó mesmo tempo que a diferencia iba baixando, con moitas imprecisións e ataques precipitados, cunha baixada da producción reboteadora e a aparición da interior A. Alonso (10 puntos en este cuarto) , chegando a reducir a diferencia ata un inquietante 60-59. As fantasmas de outros partidos estaban presentes e xunto a lesión de Lucía Carabán e a eliminación por faltas de Margarita (gris todo o partido), deixaban todo para resolverse nos últimos 3 minutos. A calma e varios ataques aproveitando os espacios da defensa visitantes volvían a meter ás nosas no partido e acumular unha ventaxa de 8 puntos no final (70-62).
Adela, no seu mellor partido |
Adela e Marta Cifu lideraron o apartado ofensivo e destaca a aparición da junior Fátima que ,con 15 anos, aportou 10 puntos e tivo moito acerto nos seus tiros e non lle pesou a responsabilidade.
Xogaron : Fátima (10), Mar (10), Tania (2), Marta Cifu (16), Lucía C. (2), Marga (8), Adela (16) e Celia (4)
Luces e sombras nun partido que nos enseña o camiño a seguir e ó mesmo tempo nos indica os erros a correxir, pero cunha victoria nos reforza na nosa moral e permite afrontar o parón do Nadal coas ideas claras do camiño a seguir. O peor do partido foi a lesión de nocello de Lucía C., que terá este parón para poder recuperase e voltar a ser o timón do equipo.
A vindeira xornada (10 de xaneiro) nos desprazamos a Vigo para enfrentarnos a Seis do Nadal, vellas coñecidas da final de 2ª división do ano pasado, e que están a facer unha boa temporada (3 victorias, unha máis que o noso equipo).