lunes, 7 de abril de 2014

Sr. Fem.: Derrota na última xornada

Campionas a pesar da derrota 

    Ultima xornada da 2ª feminina FGB e primeira derrota do noso equipo senior diante das segundas clasificadas (Sta. María del Mar) por un axustado 57-63.

   O noso equipo presentábase na última xornada de liga co campionato gañado e recibía ó potente equipo coruñés coas baixas de última hora de Lucía Carabán e Tatiana Pardo coa motivación de rematar a liga imbatidas.

Celia, destacada
   O partido iniciábase de forma positiva coa dinámica habitual con gran defensa e transicións que nos daba ventaxas no marcador (15-8), pero non era o xogo contundente de outros días polas pérdidas de balón e polo menor ritmo do equipo. A  defensa menos intensa, erros no pase e unha mala lectura da defensa visitante apretaba o marcador ó descanso  (30-27), dando opcións a un equipo rival moi motivado, que pola supeioridade física dominaba o rebote.

  O peor veu despois do descanso, cos erros de canastas moi fáciles e un mal balance defensivo permitía ás coruñesas anotar con facilidade e dar volta ó marcador cunha ventaxa curta (43-46) ó final do terceiro cuarto. O evidente baixón físico e un mal cuarto onde se fallaron de novo moitos pases e canastas cercanas a aro non nos deixou achegarnos a menos de 3 puntos, acumulando acertos e erros nun intercambio de canastas que non nos beneficiaba sen dominar en defensa (nin con cambios defensivos diversos), polo que a derrota final 57-63 foi xusta.

   Polas nosas , dentro dun esforzo individual xeral , destacou de novo Margarita (27 puntos, 18 na segunda parte) e Celia (13 ptos, tope persoal da junior esta temporada). Faltou anotación exterior e máis xogadoras en dobles díxitos.

  Polo CB Burela xogaron e anotaron: Miriam 3, Mar 2, Marta 3, Claudia 2, Margarita 27, Adela 7 e Celia 13.
21 faltas, eliminadas Mar e Celia. Parciais  15-8/15-19/13-19/14-17
Clasificación final

  O equipo está pasando por un baixón físico e de xogo desde o Nadal e necesitará cargar as pilas  cunha boa posta a punto física e mental para afronta afinais de mes o partido de ida da final galega de 2ª división diante do Seis do Nadal Coia (Vigo), campión do grupo Sur.  Esta será a segunda final consecutiva para as nosas despois de gañar as dúas últimas ligas no seu grupo Norte.

miércoles, 2 de abril de 2014

BASE: Os junior dan un paso hacia a 3ª posición provincial

Base: Os junior acarician o terceiro posto

  Nova xornada das ligas FGb da nosa canteira e resultados de todas as cores, destacando a victoria dos junior na eliminatoria provincial polo 3º posto.


  1. JUNIOR MASCULINO, coa victoria dos de Manolo 60-45 en Vista  Alegre diante dos capitalinos Tigres Máis Descanso. Os nosos fixeron valer a mellora do seu xogo despois do Nadal para dar un paso hacia a terceira posición provincial. Só lles queda gañar ou perder por menos de 15 puntos en Lugo o vindeiro fin de semana para rematar no pódium provincial. De novo a defensa  e a calidade ofensiva de Cristian e Omar deronlle ó noso equipo ventaxas no marcador.  O vindeiro sábado (18.30h) en Lugo o partido de volta.
  2. INFANTIL MASCULINO , Coa abultada derrota en Ribadeo do equipo de Ángel Cao  91-26. A gran superioridade dos ribadenses desde o inicio non deu opción ós nosos, que só deron algunha acción de mérito no último cuarto. O feito de viaxar só con 5 infantís e 2 alevíns condiciona moito a este grupo que o vindeiro domingo (16,30) en Burela se xogará a posibilidade de rematar en terceira posición diante de Estudiantes de Lugo (estamos empatados con 1 victoria).
  3. INFANTIL FEMININO, tamén con derrota no Monte Castelo diante das favoritas CB Sarria 39-71, nun partido no que non tiveron opcións e no que o esforzo ofensivo de Paula non chega para estar máis metidas nos partidos. O vindeiro sábado en Viveiro (19.30h) poden ter opcións de disputar un partido de tia a ti co CB Viveiro e poder estrenarse cunha victoria.                                    
    Equipo infantil feminino ó completo CB Burela
  4. ALEVÍN MASCULINO 1ª FGB, con derrota en Vista Alegre contra o CB Ferrol nun partido igualado no que todo se decideu no último cuarto (43-70). Despois de ver o mellor xogo dos nosos nesta liga, de estar sempre no partido (incluso por diante no marcador), o cansancio e as malas decisións condenaron ós nosos a unha derrota máis ampla do que merecían os nenos de Suso Rey. Deben mellorar máis para estar nos partidos e ter opciónde pelexar polas victorias diante de equipos técnicamente parexos pero sempre en inferioridade física. O viondeiro domingo o equipo se despraza a Ferrol para xogar co potente Basket  School (17h).
  5. BENXAMÍN MASCULINO, con resultado diverso, coa victoria do equipo 2004 (A) 33-60 en Viveiro, que os sigue deixando líderes en solitario , e coa derrota do equipo 2005 en Ribadeo por un claro 74-39, que non lles permite saír da terceira posición. A vindeira semana o euipo A visita ó Ribadeo (domingo 10.30h), mentres que o equipo B recibe ó Viveiro co propósito de voltar á senda das victorias (sábado 16h)
       PARTIDOS AMIGABLES
   
       Os Prebenxamíns e alevíns masculinos  se desprazaron a Xove para xogar cos equipos locais (que non participan en ningunha liga) e voltaron con dúas victorias amplias: o alevín gañou 31-73 e o perbenxamín tamén se impuxo por 29-43.

lunes, 31 de marzo de 2014

CAMPIONAS !!!

VICTORIA DAS SENIOR EN LOURENZÁ 

   Vixesimoprimeira victoria das senior na súa visita a Lourenzá (40-68) e segundo campionato consecutivo da 2ª Senior Feminina FGB para o CB Burela a falta dunha xornada para rematar a liga. 

    Para este importante partido contra as terceiras clasificadas contábamos coas baixas das junior (xogaban ó mesmo tempo en Coruña e non foi posible compatibilizar horarios) ademáis da lesionada Lucía Paz. A rotación das nosas reducíase ás seis xogadoras senior dispoñibles polo que este partido debíase plantexar de outra forma en defensa  para dosificar ás xogadoras e evitar o perigo das faltas.

As nosas 6 xogadoras celebrando a victoria en Lourenzá
   Con precaucións na intensidade defensiva e con total confianza na capacidade das xogadoras de superar unha nova defensa zonal se iniciou o partido no que xa se marcaron diferencias no primeiro cuarto (13-21) no que as locais estaban aínda no partido grazas ós triples (3) e ó pouco acerto das nosas nas finalizacións. A terceira falta da súa mellor xogadora interior  e a boa defensa visitante posibilitou incrementar as diferencias ó descanso (23-39).
   O terceiro cuarto se iniciou con pouco acerto e dificultades defensivas que achegaron ás locais pero sen baixar nunca dos dez puntos polo que houbo que poñerse as pilas en defensa para voltar a unha dinámica positiva mantendo unha diferenza de casi 20 puntos antes de iniciar o último cuarto (34-51). neste periodo final as nosas , aínda que por debaixo do seu nivel, brillaron como acostuman colapsando o ataque local e incrementando as diferencias sen notar a falta de descansos .

Clasificación actual
   As locais só deron problemas o tiro exterior (máis triples que canastras de 2) e a súa defensa zonal foi superada de forma fácil polas nosas, que poderían anotar moitos máis puntos se estivesen ó nivel de outras fases da liga. so lamentar a lesión fortuita da local Ainhoa , á que lle desexamos a máis rápida recuperación.

    Polo CB Burela xogaron e anotaron : Miriam 15, Lucía C. 9, Mar 9, Marta 8, Claudia 6 e Margarita 21.
    17 faltas sen eliminadas  Parciais: 13-21 / 10-18 /  11-12 /  6-17

   Só queda recibir ó mellor rival das nosas en Burela o vindeiro fin de semana para rematar esta brillante liga regular e poder preparar a eliminatoria co mellor equipo da zona Sur para poder ser as mellores  de 2ª.

                                 NORABOA CHICAS

jueves, 27 de marzo de 2014

Canteira : mal fin de semana

Canteira: Fin de semana para esquecer

   Nova xornada dos noso equipos de base e malos resultados para o CB Burela, con derrota en juniors, infantís, alevín e benxamín feminino. 

  1. Junior masculino, co partido de volta en Lugo da semifinal provincial contra Estudiantes (que xa gañara en Burela). Derrota final 68-54 nun partido moi competido que un dos árbitros se dedicou a estropear, coas faltas e técnicas coas que perseguiron ós mellores dos visitantes Omar e Cristian. Esta dificultade fixo que un marcador favorable de 8-17 se convertira nunha diferencia en contra no segundo e terceiro cuartos. Os de Manolo xogaron co hándicap da baixa do base Miguel lesionado e coa ausencia dos xogadores exteriores por faltas. O mellor en ataque foi Omar con 21 ptos.
  2. Infantil feminino, con outra derrota en Lugo contra Cidade de Lugo 48-40, con Paula como xogadora máis destacada con 19 puntos. A ausencia de marcador electrónico (moi habitual na capital lucense) desvirtúa o xogo, pois non se pode seguir con claridade o partido. O mellor das nosas foi o último cuarto cun parcial de 8-14, cunha imaxe na que debemos insistir no futuro.
  3. Infantil masculino, con outra derrota 74-46 en Lugo contra Cidade de Lugo,  con marco e Noel como xogadores destacados (18 e 10 ptos.). a peor noticia foi a lesión de angel no 1º cuarto e o mal xogo xeral, pouco rebote, mala circulación de balón e pouca intensidade . Toca mellorar e recuperar efectivos para o futuro.
  4. Alevín masculino FGB, cunha clara derrota 42-90 contra Culleredo en Vista Alegre. Os nosos seguen sen adaptarse á 1ª división galega e sufriron unha clara derrota como locais. Miguel e Cristhian foron os mellores nos nosos e a baixa intensidade e os casi 40 balóns perdidos no partido (16 no primeiro cuarto) fixeron o resto. O equipo vaise abaixo coas adversidades e non levanta cabeza co marcador en contra. Toca traballar para afrontar con máis garantías o encontro do domingo contra CB Ferrol en Burela.
  5. Benxamín feminino escolar, con outra derrota en Ribadeo, pero unha derrota por só 10 puntos (43-33), contra un forte rival (gañou de 30 en Burela). Estas nenas están facendo un traballo fantástico (dirixidas por Marga e Lucía) e no futuro nos agardan boas novas.