lunes, 7 de abril de 2014

Sr. Fem.: Derrota na última xornada

Campionas a pesar da derrota 

    Ultima xornada da 2ª feminina FGB e primeira derrota do noso equipo senior diante das segundas clasificadas (Sta. María del Mar) por un axustado 57-63.

   O noso equipo presentábase na última xornada de liga co campionato gañado e recibía ó potente equipo coruñés coas baixas de última hora de Lucía Carabán e Tatiana Pardo coa motivación de rematar a liga imbatidas.

Celia, destacada
   O partido iniciábase de forma positiva coa dinámica habitual con gran defensa e transicións que nos daba ventaxas no marcador (15-8), pero non era o xogo contundente de outros días polas pérdidas de balón e polo menor ritmo do equipo. A  defensa menos intensa, erros no pase e unha mala lectura da defensa visitante apretaba o marcador ó descanso  (30-27), dando opcións a un equipo rival moi motivado, que pola supeioridade física dominaba o rebote.

  O peor veu despois do descanso, cos erros de canastas moi fáciles e un mal balance defensivo permitía ás coruñesas anotar con facilidade e dar volta ó marcador cunha ventaxa curta (43-46) ó final do terceiro cuarto. O evidente baixón físico e un mal cuarto onde se fallaron de novo moitos pases e canastas cercanas a aro non nos deixou achegarnos a menos de 3 puntos, acumulando acertos e erros nun intercambio de canastas que non nos beneficiaba sen dominar en defensa (nin con cambios defensivos diversos), polo que a derrota final 57-63 foi xusta.

   Polas nosas , dentro dun esforzo individual xeral , destacou de novo Margarita (27 puntos, 18 na segunda parte) e Celia (13 ptos, tope persoal da junior esta temporada). Faltou anotación exterior e máis xogadoras en dobles díxitos.

  Polo CB Burela xogaron e anotaron: Miriam 3, Mar 2, Marta 3, Claudia 2, Margarita 27, Adela 7 e Celia 13.
21 faltas, eliminadas Mar e Celia. Parciais  15-8/15-19/13-19/14-17
Clasificación final

  O equipo está pasando por un baixón físico e de xogo desde o Nadal e necesitará cargar as pilas  cunha boa posta a punto física e mental para afronta afinais de mes o partido de ida da final galega de 2ª división diante do Seis do Nadal Coia (Vigo), campión do grupo Sur.  Esta será a segunda final consecutiva para as nosas despois de gañar as dúas últimas ligas no seu grupo Norte.