Copa Diputación: Boas sensacións co MiNiBaSkEt
Sábado de baloncesto para os nosos pequenos en Lugo coa disputa da Copa Diputación para as categorías mini e premini mixto ou feminino. O CB Burela desprazouse ó Pazo dos deportes de Lugo con casi 40 xogadores e adestradores cos equipos alevín masculino, alevín feminino e benxamín masculino.
Foi unha gran experiencia para os nosos nenos, moitos deles sen participar en este tipo de torneos, coñecendo a outros equipos e xogadores, aprendendo da competición e vivindo partidos moi competidos. Os nosos equipos estiveron a alto nivel, gañando a maior parte dos partidos e os partidos que perderon foron por pouca marxe, e acadaron dous terceiros postos e unha final (benxamíns).
Expedición do CB Burela á Copa Diputación de Lugo |
- Alevín Masculino. Despois dunha gran primeira fase con victorias amplias diante Galén Lugo e de Martínez Otero de Foz, tocaba semifinal co CB Ribadeo e despois dun moi intenso partido no que os nosos disfrutaron de ata 12 puntos de ventaxa , un mal último cuarto con só 2 puntos anotados, deixaba ós nosos sen final perdendo por só 1 punto e desperdiciando varios ataques para gañar o partido. Enorme a desilusión do equipo dirixido por Madar que acusou o cansancio e unha rotación menor pola falta de Xoel e Miguel. Resultado inxusto cos nosos , que fixeron méritos durante o día para ser finalistas, pero a terceira praza non está nada mal
- Alevín feminino, que perdeu o seu primeiro partido de forma clara e no seguinte , que podía valer unha final, perderon contra Galén por 8 puntos despois de fallar moitísimas entradas a canasta e perder moitos balóns, acusando un nerviosismo qe non lles deixou competir conforme ó seu nivel. Pola tarde, unha victoria contra Lourenzá-Mondoñedo, deixounas satisfeito a un grupo con posibilidades que contou coa axuda das benxamíns Julia, Ana e Sofía.
CB Burela Benxamín , coas súas merecidas medallas - Benxamín masculino, cos 14 xogadores cos que contaba Manolo obrigaba a rotar descansos en cada partido pero o equipo chegou con brillantez á unha semifinal na que deixou fora ó CB Ribadeo e , xa na final, un encontro con moitísima presión e nervios os nosos perdían contra Cidade de Lugo por só tres puntos , acusando unha arbitraxe moi protestada na que se permitía todo tipo de contactos .Unha medalla para cada xogador foi o colofón perfecto para este grupo, no que moitos participan por primeiro ano.