Victoria en Vigo. Vista Alegre dictará sentencia
Fai un ano o CB Burela perdía os dous partidos da final polo título da 2ª división feminina e agora, un ano despois , coa experiencia e traballo de toda unha temporada o noso equipo volvía a afrontar unha final contra o equipo campión da zona Sur.
Gran resultado nos traen as nosas de Vigo, victoria por 4 puntos 54-58, que deixa a eliminatoria aberta para o partido de volta do vindeiro fin de semana en Burela. Unha nova victoria ou unha derrota por menos de 4 puntos deixaría o título para o CB Burela, pero non será fácil contra un rival moi forte, moi físico e cunha rotación maior que as nosas. O apoio dos nosos seguidores , un bo ambiente en Vista Alegre , axudaría como unha xogadora máis na mermada a estas alturas rotación burelesa. tamén a recuperación de xogadoras ausentes pode ser importante para este importante e definitivo partido, que será o último de esta temporada para unhas xogadoras que están en época de estudos e que deberon organizarse moi ben para compatibilizar estudo e baloncesto.
O partido en Vigo estaba de inicio lastrado polas ausencias de Miriam e Claudia, que se unían ás lesionadas ó longo do ano, ademáis as juniors (que son parte da rotación) xogaban esa mesma tarde en Pontecesures, polo que as xogadoras disponibles eran 4 seniors e 4 juniors probablemente cansadas.
Aínda así a posta en escena foi brillante, cunha primeira metade moi boa en defensa (individual e con moi boa actitude) e os parciais 8-11 e 21-31 non foron maiores por pérdidas de balón e fallos de canastas claras. As transicións e as contras daban unha renda moi boa para iniciar a segunda metade aínda que xa a defensa tiña que ser zona para reservar forzas e persoais.
A segunda metade se iniciou da mesma maneira, cun intercambio de puntos, pero as locais incrementaron a intensidade defensiva, os árbitros foron moi permisivos coa defensa local e as faltas persoais de Mar (única interior do equipo e con 4 faltas no 3º cuarto) colapsaron o noso ataque perdendo a diferencia e acabando o cuarto por 41-38 para as viguesas. As perspectivas non eran moi favorables, coas locais con 5 puntos arriba pero as nosas non se rendiron, aguantaron e mantiveron no partido con diferencias cortas, chegando o final voltando á defensa individual e conseguindo unha diferencia corta pero moi interesante para o partido de volta.
Destacaron todas pola súa entrega e esforzo, pero en ataque lucíronse Margarita e Lucía C.
Anotadoras: Lucía 12, Mar 8, Tatiana, Marta 6, Margarita 19, Adela 5 e Celia 8.
16 faltas , sen eliminadas. Parciais 8-11 / 13-20 / 20-7 / 13-20