FINAL 2ª DIVISIÓN SENIOR FEMININA
O CB Burela Senior Feminino volve á competición despois de gañar a liga no seu grupo Norte e conseguir de forma brillante o ascenso á 1ª Feminina cun balance de 21 victorias e 1 derrota. Esta eliminatoria será a Final da 2ª división senior de Galicia .
O rival na Final é o campión do grupo Sur, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia de Vigo, que rematou a súa liga cun total de 14 victorias e 1 derrota. o partido será no polideportivo do Colexio Seis do Nadal de Vigo o vindeiro sábado ás 20 h, quedando para o seguinte fin de semana o partido de volta en Burela.
Para o noso clube é a segunda final consecutiva, despois de que o ano pasado disputara a final contra o CB Allariz (con doble derrota), depois de gañar a liga e ter que renunciar ó ascenso por motivos económicos.
O equipo que dirixe Rubal intentará rematar esta temporada tan brillante ofrecendo o mellor baloncesto posible , conseguindo un bo resultado en Vigo para rematar a temporada cunha alegría máis.