Iniciación ó baloncesto: o noso futuro
Dentro das categorías de base do noso clube hai unha que non ten liga propia (só disputa amigables contra os poucos clubes nos que se adestra en estas idades) polo que está pouco visible. Son os nenos e nenas que naceron nos anos 2006,2007 e 2008 que xa adestran cada semana en dúas sesións e dos que son responsables as xogadoras do 1º equipo Margarita, Claudia, Lucía e , ocasionalmente, Tatiana.
As categorías premini (laranxa) e iniciación (azul) cos seus adestradores |
Son en total 16 nenos/as que se inician no basket e que os máis maiores xa participaron en adestramentos e partidos dos benxamins (Masculino A en liga federada e Benxamín feminino escolar) sen que a súa inclusión entre nenos/as máis grandes se note demasiado. De cara a anos sucesivos, poderá competir con garantías no seu primeiro ano benxamín mentres que os nenos que se inicien máis tarde terán un proceso de adaptación e aprendizaxe máis lento.
Non só se benefician dunha actividade físca lúdica onde aprenden a relacionarse con outros nenos/as pois tamén aprenden a realizar unha actividade de cooperación nun entorno con normas, beneficiandose para o baloncesto en particular e para as actividades da súa vida no futuro: cooperación, solidariedade, atención, concentración, traballo.....
Felicitar ós/ás adestradores, pais/nais e os propios nenos/as polo traballo realizado, do que recolleran os froitos nun futuro moi cercano.
Este é un dos activos máis importantes do CB Burela na actualidade, base da mellora deportiva e institucional do clube no futuro.