-Campionato e sábado de provinciais para os benxamíns
O CB Burela Benxamín A rematou a liga (grupo Norte de Lugo de preminibasket FGB) cun brillante campionato despois de gañar de novo ó noso equipo B 59-33 e rematar a liga cun balance de 10 victorias e dúas derrotas. O equipo dirxido por Manolo Cobas impón a súa lei na Costa diante do favorito CB Ribadeo e co bo papel do equipo Benxamín B do Cb Burela que acadou a terceira posición e que nos da boas esperanzas para a vindeira liga 2014/15.
Daniel, Hugo, Manolo, Javier, Pablo Luís, Jorge, Gabriel e Raúl |
Este equipo formado por nenos do 2003 acompañados por prebenxamíns do 2005 fixo unha liga moi regular e só perdeu dous partidos en Ribadeo . Nas súa filas destaca a aportación de Hugo ,Pablo e Luís como veteranos , os recén chegados Javier e Daniel e os prebenxamíns dos que destaca Raúl.
Agora toca disputar a Final provincial diante do Cidade de Lugo o vindeiro sábado día 3 de maio , rival co que xa coincidiron na final do pasado Torneo da Deputación de Lugo.
Desexámoslle sorte ós de Manolo, pero a clasificaión para a final xa é un obxetivo moi importante polo que unha victoria sería a guinda do pastel.
En Alevíns por fín boas noticias, coa victoria do Alevín A de Suso Rey en Lugo diante do ANPA Rosalía se Castro por 34-40. Primeira victoria en liga FGB Minibasket Masculino nun partido cheo de imprecisións pero no que os nosos souperon remontar nos últimos cuartos. Esta semana teñen doble compromiso siante do ANPA Rosalía en Burela (xoves 1 , 17h) e o domingo 4 en Ferrol (17h) diante do CB Ferrol.
Nas ligas FGB infantís doble derrota no final das ligas :
- Feminina, con derrota en Burela diante Cidade de Lugo 39-41 nun partido no que as de Madar volveron a ter pouca sorte nos finais apretados. Destacou novamente Paula con 16 puntos . O equipo remata na 4ª posición con 6 derrotas pero cunha melloría no xogo de equipo con respecto á primeira fase.
- Masculina, derrota na prórroga dos de Angel Cao 60-63, nun final apretado contra Ciade de Lugo en Vista Alegre. A rotación insuficiente (5 xogadores por irse os alevíns ara xogar en Lugo) e os fallos nos tiros libres nos momentos finais condederon ós de Lugo unha prórroga onde se fixo aínda máis evidente a falta de recambios. rematan a liga na 3º posición provincial (se gañaran serían segundos) sendo unha gran clasificación para este equipo que se fixo corto conforme pasaban as xornadas.