Un primeiro posto e dous segundos en San Cibrao
Destacada participación dos equipos de Minibasket no Torneo Concello de Cervo que se celebrou na Praza do Campo de San Cibrao o pasado sábado día 10 . Os equipos do Cb Burela acapararon as finais e só o CB Ribadeo se impuxo en categoría benxamín.
Alevíns masculino e feminino, finalistas en San Cibrao |
Na categoría alevín os equipos masculino e feminino coparon as dúas primeiras posicións e non deron opción ó combativo equipo local. O equipo masculino gañou con moita diferencia os seus partidos e non deu opcións ós seus rivais.
Na categoría Benxamín, boa participación do equipo A e B, conseguindo un segundo posto o equipo A ó perder na final diante do CB Ribadeo, e sendo o equipo B o terceiro clasificado despois de deixar no camiño ó CB Viveiro e ás Escolas Deportivas de Cervo. No caso de levar un só equipo o noso clube tería moitas opcións de gañar pero a articipación de todos os nenos e nenas que adestran cada semana está por encima de resultados a curto prazo.
Benxamín A e B en San Cibrao |
Moi bo ambiente en San Cibrao cunha climatoloxía excelente, nun tipo de competición ó aire libre que achega o basket nas súas categorías de formación ó público en xeral. Desde o Cb Burela se intentará realizar este verán algún tipo de competición parecida en Burela.
A delegación do Cb Burela no torneo |
Por último destacar que o noso clube foi o máis representado tanto en equipos como en número de participantes en este torneo, polo que debemos felicitarnos ó ver o traballo dos últimos anos reflexado tanto en número de deportistas como na calidade individual e colectiva dos equipos presentes.