Campionas galegas de 2ª división
Gran partido en Vista Alegre entre os dous mellores equipos de 2ª división galega con victoria final para o CB Burela sobre Seis do Nadal de Vigo 73-72, que , coa victoria en Vigo , da o título de campionas ás nosas.
Gran ambiente en Burela para presenciar a final, con 250 espectadores animando ó equipo local e levando ás nosas xogadoras co seu impulso.
Coa presencia do vicepresidente da FEGABA, o alcalde e concelleira de deportes de Burela, representantes políticos locais e do nos maior patrocinador Pescados Rubén no palco de autoridades, o partido era o máis importante da historia recente do noso clube, e o máis importante do baloncesto feminino de xogadoras da comarca. E non decepcionou en absoluto porque as alternativas no marcador, intensidade, nervos, etc , fixeron que os presentes pasaran unha moi boa tarde de baloncesto.
O partido iniciábase con boas sensacións para o CB Burela, boa defensa, ataques rápidos, dominio no rebote, facían coller as primeiras ventaxas ás locais 11-4, pero as viguesas son un gran equipo e forzando erros das nosas no pase conseguiron remontar e colocarse por diante ó rematar o primeiro cuarto (15-20).
O partido nos seus momentos máis tensos |
A segunda metade non era para cardíacos, pero as nosas fixeron o seu mellor baloncesto neste cuarto cun parcial 20-12 (53-47 no acumulado), gran intensidade defensiva, movemento do balón para salvar a agresiva zona rival , deixando que as nosas xogadoras soñaran coa victoria.
O último cuarto foi toda unha odisea, pasando por ventaxas locais que casi finiquitaban o partido, remontada visitante a base de triples e presión (5 triples consecutivos) cun marcador 60-65 que lles daba a final a falta de 4 minutos, e o esforzo final das de Burela cunha boa defensa que nos levou a ematar o partido e poñernos por diante no último minuto, para rematar cunha victoria doble que nos fai campionas galegas.
Xogaron e anotaron: Lucía C. 6, Mar 14, Tatiana 5, Tamara, Marta 12, Margarita 24, Claudia 2, Adela 6 e Celia 4. Non xogaron Saray e Katia.
Parciais: 15-20 / 18-15 / 20-12 / 20-25 - 23 faltas, sen eliminadas
O equipo coa camiseta adicada a Lucía Paz coas medallas. Gracias Celia, adela , Alba, Marta, Saray, Rubal, Margarita, Tamara, Claudia, Katia, Lucia Carabán, Tatiana, Lucía Paz e Mar |
Destacaron todas polo esforzo realizado, destacando no ataque Margarita con 24 puntos, no rebote Mar e na defensa o resto con especial mención ás junior que nos axudan cada día con minutos de calidade e que , as veces , non saen a xogar pero son moi importantes.
Premio merecido a un grupo que traballou moito durante os dous últimos anos, adestrando ata 3 sesións moitas semanas ( con exámemes....) , doblando adestramentos e partidos co equipo junior, pero aguantando ata o final cunha actitude sobresaínte.
As rivais, as viguesas de Seis do Nadal-Coia, un gran equipo, con grandes xogadoras, pelexando ata o último segundo, que lle da aínda máis mérito a esta final, que se xogou cunha gran deportividade polos dous equipo e aficións, nun exemplo para os moitos nenos e nenas do nosos clube que estaban presentes.
Noraboa ó Seis do Nadal polo seu equipo e o subcampionato !!
Foto de familia das finalistas despois de rematar o partido |
Mención especial para o adestrador, Rubal, con dúas finais en dous anos , para Madar que co seu traballo diario fai posible este equipo e para o resto de directiva e colaboradores que nos aportan moito. Gracias