3 XOGADORES NOSOS COA SELECCIÓN
Por primeira vez a selección de A Mariña será un dos participantes na "Xuntanza de seleccións zonais de minibasket" , que se celebrará en Santiago o vindeiro 6 de decembro. Para esta selección foron convocados 3 dos nosos xogadores alevíns, Miguel Alves, Adrián Pardo e Pablo Rubal polo seleccionador JA Sama, que estará asistido polo noso adestrador XM Rubal, que coñece ben ós xogadores alevíns de A Mariña.
Disputarán tres encontros contra as seleccións de Vigo, a Coruña e Ferrol no pabillón do Restollal dos que daremos información a vindeira semana.
O CB Burela é o equipo que máis xogadores aporta ó grupo, pois aparte dos finalmente seleccionados estaba Alex Gómez preseleccionado. Tamén debemos felicitar ós adestradores do noso clube polo gran traballo realizado nos últimos anos nos grupos de minibasket e debemos facer mención de Lolo, Manolo, Rubal e agora Suso, que tiveron aestos xogadores nos seus grupos de adestramento.
Os xogadores seleccionados cos seus adestradores |
Os nosos disfrutarán dun día completo de baloncesto cos mellores xogadores alevíns de Galicia nunha actividade á que nunca iba un grupo da costa.
Desexámoslles a maior das sortes para os partidos do sábado