Sufrida victoria no Corgo
Novo desprazamento para as nosas senior e nova victoria no Corgo contra Area 10 por un resultado final de 62-76. Novena xornada e séptimo viaxe do equipo diante dun dos equipos que está na zona noble da liga e que o ano pasado nos puxera as cousas difíciles.
Adela, destacada na dirección |
O partido empezaba de forma brillante para as nosas que a base de defensa se adiantaba no marcador 6-14 ós 6 minutos de partido. As pérdidas de balón, os fallos en accións de canasta fáciles e unha arbitraxe difícil de entender (con técnica ó noso adestrador por protestar faltas claras na finalización de contraataques) colocaba ás locais outra vez no partido e deixaba un empate a 16 ó rematar o primeiro cuarto.
O segundo cuarto foi bastante malo para as nosas, con fallos defensivos, moitísimas perdas de balóns e a falta de acerto exterior igulaba o marcador nun cuarto que remataba cunha canasta de Tatiana 36-37.
O terceiro cuarto non cambiaba o panorama e as locais estaban por diante no marcador, acertadas no tiro e refuxiadas nunha cerrada zona (40´sen cambiar de defensa), pero a igualdade do marcador era total ó finalizar este terceiro cuarto (51-51).
Despois de oito xornadas con resultados moi claros , tiñamos por diante un cuarto para resolver un partido igualado, e as nosas chicas sacaron o baloncesto que coñecemos e cun parcial final de 11-25 resolveron un partido complicado e no que o resultado final non indica o sufrido traballo que nos costou. Neste cuarto a defensa volveu a funcionar, os tiros de media e longa distancia entraron e o cansancio das locais fixo o resto.
Destacou Margarita, onmipresente en todas as facetas de xogo (puntos, rebotes, recuperacións), Miriam en ataque e o traballo das juniors Adela e Celia (23 puntos entre as dúas).
Xogaron: Miriam 13, Lucía C.10, Tatiana 2, Marta 5, Margarita 21, Claudia 2, Adela 14 e Celia 9.
O equipo queda como líder destacado, cun baloncesto distinto ó da categoría no que non se sae a especular , con nove victorias consecutivas ( 7 a domicilio) e recibe o próximo domingo en Vista Alegre ó Lourenzá , segundo clasificado con 2 derrotas, nun derbi no alto da táboa, que, de seguro, será un partido referente para o baloncesto feminino na Mariña.
Celia, 9 puntos |

Clasificación despois de rematar a xornada 9 |