Diversidade de resultados da canteira
Este fin de semana tivemos resultados diversos nos equipos da nosa canterira, pero a dinámica é boa e os equipos van encauzando o seu xogo e mellorando as súas prestacións.
O equipo junior masculino non consigueu a victoria diante dun poderoso CB Sarria (2º clasificado, cunha traxectoria de equipo desde minibasket) pero plantou cara e só os nosos erros lle impediron dar a campanada. Bo partido dos de Manolo, que se mantivo no partidodurante boa parte do tempo (23-23 no descanso), pero que cedeu nos ultimos min utos pola falta de banquillo e os erros nos tiros libres, onde non se superou o 20% de acerto, e só mellorando este porcentaxe se podería estar no partido ó final ou gañar os sarrianos. O resultado final foi de 41/49 para os visitantes e destacaron Mario en defensa e Christian en ataque.
CB Burela Infantil Feminino, antes de xogar co CB Riabdeo |
O equipo infantil masculino, dirixido por Ángel e Rogelio, tamén saiu derrotado como local do seu enfrentamento cos favoritos CB Ribadeo , por un resultado final de 48/76, resultado enganoso pois os nosos estiveron no partido na primeira metade (incluso por diante), pero o equipo rival aproveitou os erros locais e a falta de rotacións e puxo diferencia no marcador. Este equipo está mellorando, e cada día vai a máis, e seguirá ofrecendonos unha gran actitude e destellos individuais cada xornada.
O equipo infantil feminino, con Madar ó frente, mellorou o seu xogo e acadou unha victoria 54/26 moito máis doada do previsto (CB Ribadeo, un rival co que se pensaba nun resultado igualado). Boa culpa do resultado tan cómodo foi a predisposición ofensiva de todo o equipo e a anotación de Paula (máxima anotadora , 23 ptos.) e a aparición de María (16 ptos.) que pode complementar a Paula no ataque. 3 partidos, 2 victorias e a vindeira visita a Viveiro onde se pode disputar o liderato final da liga.
CB Burela Inicación no pabillón de Xove |
Nos partidos amigables destacan:
O equipo alevín masculino, cun resultado como local de 53/53 (empate nun amigable , cunha grande anotación e ambiente), onde o equipo acusou as baixas de Adrián, David e Pablo, pero as incorporacións de Pablo Fdez. , Antón e Hugo , do equipo benxamín deron un bo rendemento . moi ben no ataque Miguel (21 ptos.) e Alex (12 ptos.) diante dun equipo con xogadores máis altos no que tame debutaron benxamíns.
Boas perspectivas para este equipo no inminente comezo da liga federada alevín.
O equipo de iniciación, coas monitoras Claudia, Marga e Lucía, xogou en Xove co equipo local e consigueu un bo xogo (e a victoria 12/34), o que animará ós nosos máis pequenos de cara ós adestramentos e a futuros partidos amigables. Tamén se poideron ver detalles de algúns xogadores que os poden levar a debutar cos equipos benxamçins na inminente temporada .