Alevíns: Pablo vai convocado coa selección
Boas novas para o noso traballo de canteira : O noso alevín Pablo Rubal foi comvocado a participar nos adestramentos da preselección galega de minibasket. O vindeiro domingo 22 se despraza a Noia para participar con outros 15 xogadores nun adestramento que , xunto con outra convocatoria igual, servirá para dar o listado definitivo de 12 xogadores que representarán a Galicia na categoría de minibasket.
Pablo Rubal |
Pablo Rubal leva no noso clube desde idade prebenxamín (2009) e foi subcampión provincial benxamín fai dous anos en Vilalba e agora compite no alevín masculino de Suso Rey.
Desde o clube temos que lembrar ós nosos adestradores Lolo , Manolo, Rubal e, agora ,Suso que traballan desde a base con medios moi limitados , e que a través de esta convocatoria se reforzan no seu traballo diario.
Gracias á participación da selección da Mariña no encontro de seleccións zonais disputada en Santiago, foron elexidos o noso xogador e outro de Viveiro. Máis abaixo pódese ver a convocatoria.
Como dato anecdótico , non é a súa primeira convocatoria este ano , pois foi convocado a adestrar coa selección sub 12 de fútbol lucense a principios de mes, aínda que, ó final, non foi entre os elexidos.
Desde o CB Burela desexámoslle que disfrute da experiencia.