lunes, 9 de diciembre de 2013

NOVA VICTORIA EN CASTRO: 8 de 8

LIDERATO CONSOLIDADO EN CASTRO

      Partido aprazado da 1ª xornada coa visita a Castro para xogar cun equipo da zona media da clasificación , CB do Lea, que o ano pasado nos puxera as cousas difíciles, cunha temperatura xélida no exterior e interior do pabillón. Viaxábamos coas baixas de Lucía Paz e Alba por lesión e coa alta da nosa capitana Marta Cifu, que se reincorporaba ó grupo aínda mermada polo esquince sufrido antes do anterior partido.
Tatiana , 15 anos e 12 puntos
       Inicio de partido igualado nos 4 primeiros minutos (7-8) no que as locais sacaban proveito do tiro de 3 mentras as nosas se adaptaban á baixísima temperatura ambiente e á zona local. Pasado este titubeante inicio poidemos ver nos seguintes minutos e no segundo cuarto o xogo das nosas do inicio da campaña. defensa aberta, velocidade en ataque e un ataque a zona consistente, deixando as cousas xa claras 10-29 e 25-55 ó descanso.
       Co partido finiquitado, as nosas non baixaron o ritmo e endosaron outros parciais demoledores (3-23 e 7-23) que deixaban un resultado final nun claro 35-101, entre un equipo que esperaba recluído nunha zona e outro equipo que cada día sae a buscar un baloncesto valente, aberto, rápido e coa colaboración de todas as xogadoras. Despois de dúas xornadas máis grises voltou o caudal anotador co que nos tiñan acostumados nas primeiras xornadas.
    Destacaron todas as xogadoras en esforzo defensivo, cun ataque repartido (6 xogadoras por encima dos 10 puntos)no que xogaron seniors e juniors por igual. 

    Xogaron e anotaron: Miriam (10), Mar (18), Claudia (5), Margarita (19), Adela (13) -5 inicial-  Lucía Ca.(11), Tatiana (12), Tamara, Celia (9) e Marta (3).

    Con 8 victorias seguidas ( 6 como visitantes), o CB Burela aliánzase  no liderato cuns números estratosféricos : 88,5 puntos a favor e 31 en contra de media (unha diferenza de 57 ptos.). 

   Na vindeira xornada (9ª), voltamos a xogar a domicilio, contra o CB Area 10 O Corgo, equipo situado na cuarta posición, e que ano pasado disfrutou da parte noble da clasificación toda a temporada.