Completo fin de semana
Este fin de semana temos un menú completo de baloncesto con encontros oficiais FGB para juniors e infantís e amigables para alevín masculino e Iniciación. ademáis, podes ver as clasificacións , a día de hoxe, clicando nas imaxes da dereita.
- Junior masculino, cun difícil partido como locais diante do potente CB Sarria (sábado 19h., Vista Alegre), no que os de Manolo deben dar o mellor de sí para sorprender ós visitantes, que só perderon un partido no que vai de liga. Os noso deben volver ás sensacións do partido contra Chantada e esquecerse da última derrota en Lugo diante Sagrado Corazón.
- Infantil Masculino. O equipo dirixido por Angel Cao, recibe ó favorito CB Ribadeo (sábado 10,30h., Vista Alegre) coa firme determinación de facerlle frente ó equipo favorito do grupo, pero coa moral das dúas victorias apabullantes conseguidas diante CB Viveiro e Martínez Otero nas dúas primeiras xornadas. Unha boa oportunidade para ver a Marco, Angel, Diego, Noel,... como locais. Non temos referencias dos ribadenses, ó ter aprazados os 2 partidos anteriores.
- Infantil feminino, tamén co enfrentamento diante do CB Ribadeo, encontro que se disputará a continuación do masculino (12, 12.30H, Vista Alegre), partido que contamos sexa igualado como en pasados enfrentamentos, pero no que as nosas, comandadas pola moi anotadora Paula, se coloquen por diante no marcador e consigan unha brillante victoria.
AMIGABLES - MINIBASKET
Tamén disputamos amigables o vindeiro sábado, con 2 partidos :
- Alevín masculino, cun partido diante o CB Ribadeo, (12.30h. Monte Castelo) onde Suso Rey contará coas importantes baixas de Adrián, Pablo e David. Unha boa oportunidade para comprobar a adaptación ós sistemas do resto da plantilla e dos 3 benxamíns que entran na convocatoria: Hugo, Pablo Fdez., e Antón.
- Iniciación, que se desprazan a Xove para disputar un partido contra os locais (Centro Cívico, 10.30h.), e así disputar minutos de competición ou , simplemente, debutar coas cores do CB Burela e nun deporte completo e colectivo como é o baloncesto.
SORTE PARA @S NOS@S