Intenso fin de semana de baloncesto
Este fin de semana o CB Burela estará representado en todas as categorías tanto en competición oficial como en amigables. Imos repasar os partidos previstos para o sábado 23 e o domingo 24:
Adrián, baixa por lesión |
- SENIOR FEMININO, cun interesante partido en Lugo contra Pulpalia, que nos pode dar unha imaxe real do nivel do equipo despois de 5 victorias moi doadas. O partido está previsto para as 17h no pabillón de Frigsa.
- JUNIOR MASCULINO, no que tamén hai un desprazamento a Lugo para xogar no Anexo do pazo ás 18h contra Sagrado Corazón. Parido importante onde , no caso de victoria, os de Manolo poden subir postos na clasificación e optar con posibilidades a un lugar de privilexio.
- INFANTIL MASCULINO, cun viaxe a Foz para xogar contra Martínez Otero (10h, sábado), coa intención de refrendar a boa imaxe dada no inicio da competición en Burela.
- INFANTIL FEMININO, con viaxe a Mondoñedo para xogar contra Lourenzá-Mondoñedo, partido onde loitarán por conseguir a súa primeira victoria despois de escapase esta posibilidade no final do anterior partido. será o domingo en horario matinal (12h).
- ALEVÍN MASCULINO, estrenan Vista Alegre en Burela para recibir nun amigable ó CB Viveiro, no que demostrarán os avances no seu xogo da man de Suso Rey. O inicio está previsto para as 10.30h do sábado. será baixa Adrián pola lesión no seu brazo que o deixará fora das pistas ata ben entrado decembro.
- ALEVÍN FEMININO, xusto despois do masculino (12h) no Vista Alegre e tamén contra o Cb Viveiro. Deberán paliar o axustado do seu plantel e deixar ver os avances desta longa pretemporada. Seguramente contarán con algunha benxamín para completar a convocatoria.
- BENXAMÍN MASCULINO, con desprazamento amigable a Viveiro (sábado 11h) para axustar o seu xogo entre os xogadores máis rodados e os novos compoñentes do equipo.
SORTE A TOD@S