domingo, 17 de noviembre de 2013

Base: Inicio da competición infantil FGB

Inicio en INFANTIL FGB

    Na matinal do sábado o pabillón Vista Alegre foi o escollido para o inicio 2ª división da Liga Infantil FGB no seu grupo Norte. Por primeira vez os nosos equipos participan nunha liga dependente da Federación Galega, e tiveron diversa sorte diante dun rival común, o CB Viveiro, pero deron unha boa mostra do seu potencial:
Paula - CB Burela
  • O equipo infantil masculino debutou diante do equipo máis fácil do grupo, polo que o seu resultado con victoria era o esperado, pero o conxunto dirixido por Angel Cao gañou por 83-22, marxe máis grande do esperado, o que nos da unha idea da mellora de este equipo que terá rivais máis duros nas vindeiras xornadas . Para a segunda xornada se despraza a Foz (sábado 10 h.) para intentar seguir na senda das victorias diante do Martínez Otero.
  • O equipo infantil feminino tamén se enfrentou ó CB Viveiro, cunha derrota das de Madar por 40-50, resultado que non di o que foi o partido na que as de Burela deixaron escapar unha renda de 12 puntos e remataron ofrecendo o seu peor baloncesto no último cuarto. A clave foi a eliminación por faltas persoais de Paula, máxima anotadora local, no terceiro cuarto o que deixou ó equipo sen resposta diante das de Viveiro.  A vindeira xornada visitan ó Lourenzá-Mondoñedo o sábado 23 (18h), partido no que poden correxir os erros que cometeron no seu debut.
   Por outra banda, os equipos benxamíns recibían tamén na matinal do sábado ó CB Viveiro, esta vez no pabillón dos Castros, e tamén houbo resultados diversos.
  • O equipo benxamín feminino pagou a súa inexperiencia cunha derrota 10-24, pois é un equipo aínda en etapa de acoplamento, com varias xogadoras recén chegadas ó basket e que mellorará a base de adestramentos e partidos co seu adestrador Lolo.
  • O equipo masculino venceu con facilidade (40-24) e xa da un nivel máis que aceptable no que mistura xogadores con experiencia (xa xogaron o ano pasado en alevíns) e xogadores que debutaban en partidos e que empezan a asimilar os conceptos individuais e colectivos do seu adestrador Lolo.

  Por último, lamentamos profundamente a suspensión das ligas escolares de minibasket ata principios do ano 2014 (aducen problemas co transporte gratuito da Xunta), o que deixa ós nosos baloncestistas máis pequenos sen competir e que, de seguro, a liga na que participen será moi curta . 

   Nos cremos na competición como elemento de aprendizaxe, e preferimos competicións serias (horarios, arbitraxes...) polo que non descartamos poder participar en ligas federadas e non escolares nun futuro moi próximo.  
CB Burela