Canteira : casi pleno no fin de semana
Este fin de semana tivemos moita actividade , tanto nas ligas federadas como en amistosos previos á liga escolar que tanto se demora. E os resultados foron moi positivos , rozando un pleno de victoria para os noso equipos, e os partidos disputados foron:
|
Marco, destacado |
- Infantil masculino, cunha gran e abultada victoria diante Martínez Otero en Foz, cun contundente 33-78 para os nosos , dirixidos por Angel Cao, cunha intensa defensa, unha gran concentración e aportación de todo o equipo, e a anotación de Marco, novamente destacado, pero coa convicción de que funciona o equipo e que están avanzando para enfrentarse o vindeiro fin de semana ó favorito CB Ribadeo, en Burela, equipo ó que intentarán dar a sorpresa.
- Infantil feminino, cunha gran victoria en Mondoñedo 23-64, na que a gran defensa do equipo de madar fixo inútil a eterna defensa zonal das locais e conseguiron unha gran cantidade de recuperacións e canastras fáciles. Esta victoria reforza a moral do grupo despois da apurada derrota na xornada anterior diante de CB Viveiro. Volta a destacar en anotación Paula pero ben acompañada polo resto. Xogaron Paula 24, lara 9, Ashley 6, Kesia 2, Andrea, 4,Aida 2, maría 9 e Mireia 6.
- Junior Masculino, cun difícil desprazamento o sábado a Lugo para xogar diante Sagrado Corazón, equipo co que corresponde pelexar ó final da liga na clasificación. Derrota dolorosa 72-32, na que se pagou a falta de intensidade, a precipitación e na que voltaron a aparecer individualismos que en nada favoreceron ó grupo. Toca traballar e solucionar problemas para a vindeira xornada.
En amigables tamén houbo moita actividade:
|
Alevíns Bural-Viveiro ó rematar o partido |
- Alevín masculino, coa victoria en Burela sodre CB Viveiro 33-31, na que os nosos remontaron ata 6 puntos de diferencia despois do descanso nun partido malo, no que estaban máis pendentes de elaborar os ataques que de anotar. fallos tontos e moitas imprecisións diante dun rival directo na futura liga escolar. Deben mellorar e a mellor forma de facelo é xogar partidos, e se os partidos son igualados , mellor . Na foto da dereita podemos ver os 2 equipos cos seus adestradores (podes agrandala,cliclando nela).
|
Equipo Alevín feminino do CB Bur |
- Alevín feminino, cunha boa victoria , tamén diante do CB Viveiro, 26-20, con máis apuros dos que parecía no inicio (10-0) , coa destacada actuación de Carla e Nuria, e a presencia na pista de tres xogadoras benxamíns (Ana, Ainoa e Sofía) que están disputando os seus primeiros minutos de competición. Xogaron María, Nuria, Ana, Irina, Alejandra, Ainhoa, Carla, Sofía, Ainoa e Jimena. O seu adestrador, Lolo, tomou boa nota das evolucións das súas xogadoras durante o partido.
- Benxamín masculino, con outra victoria, esta vez en Viveiro, cun resulatdo axustado 28-32 para os nosos dee Manolo Cobas , nun partido que sirveu para ver ás novas incorporacións , para perderlle o medo á competición e para mellorar o xogo de grupo do equipo. Este equipo , en función do número, pode desdobrarse para a liga escolar e así incrementar os minutos e partidos de todos os xogadores e así as posibilidades de mellora serán maiores.