domingo, 17 de noviembre de 2013

SENIOR : Victoria facil en Coruña

As senior arrasan en Coruña

   Nova xornada (6ª) da 2ª división senior feminina FGB e nova victoria  a domicilio do noso equipo senior dirixido por Rubal diante do colista da categoría (ADFRO).

Alba, lesionada
  O noso equipo segue na súa liña e obtivo un novo resultado abultado na súa visita ó pabillón do equipo colista que sigue sen coñecer a victoria. O resultado de 10-94 deixa moi clara a superioridade aplastante das nosas que poideron obter unha victoria aínda máis amplia.
  
  A pesar das baixas de Alba (lesionada nun nocello para 1 mes), da nosa pívot titular Mar , o equipo está nunha liña moi boa e con só 5 seniors e 6 xogadoras en idade junior ampliaron  a dinámica de abultadas victorias cun xogo basado na defensa e na circulación do balón que desarbolou os tímidos intentos en ataque das coruñesas e a súa defensa zonal.

   O partido iniciouse co xogo habitual de esta temporada e o resultado ós 8 minutos era de 0-27, polo que a nosa defensa xa baixou a súa intensidade e rematou o cuarto cun claro 0-32. Nin a inclusión das juniors baixou o ritmo anotador pois remataba a primeira parte cun casi escandaloso 2-57.

Katia,debutante
  A diferencia de nivel era tan grande que o partido non podía sevir para adestrar, e tivemos que baixar moito a intensidade en defensa para que alcanzasen os dobles díxitos as rivais e non sobrepasamos os 100 puntos pola diferencia que había no marcador.  A máxima anotadora do equipo foi Miriam, que alcanzou os 17 puntos nos 23 minutos que estivo na pista.

Xogaron e anotaron: Miriam (17), Lucía C. (11), Katia (6), Tatiana (8), Lucía P (2), Tamara (6), Marta (14), Claudia (7), Margarita (14), Adela (7) e Celia (2).

Miriam, 17 ptos.
   Moito acerto en media e longa distancia ( 5/8 en triples), 36 puntos das juniors e a aportación excelente das senior ( 4 en dobles figuras) deixan ó equipo aspirando ó liderato aínda que levemos un partido aprazado, e cunhas medias de escándalo, pois as nosas levan medias de 95.8 puntos en ataque e só reciben 30 puntos por partido ( o diferencial chega a casi 66 puntos de diferencia media coas rivais).

   Destaca o debút da séptima junior, Katia (16 anos) que tivo un partido con nota (6ptos.) e que non desentonou no seu primeiro partido en seniors.

    A vindeira xornada novo desprazamento a Lugo para enfrentarnos ó Pulpalia, que leva 2 derrotas en 4 xornadas e que o ano pasado foi dos únicos equipos que nos gañou en Burela ( a principios de temporada). Esperamos que sexa un partido competido no que as nosas poidan poñer en práctica todos os conceptos defensivos e ofensivos que adestran entre semana.