SENIOR feminino: Suma e sigue
O equipo senior feminino do CB Burela desprazouse á Coruña para xogar contra o Basket Coruña un partido que , en principio, se debía ter xogado en Burela, e que por problemas de pabillón se xogou en Coruña, no pabillón de Riazor . Unha nova e clara victoria 35-100 para as nosas nun partido con pouca historia no que as nosas deixaron patente unha grande superioridade, aínda que viaxábamos coas sensibles baixas de Lucía Paz e de Claudia.
O partido foi igualado nos seus primeiros 5 minutos polos erros claros en canastas fáciles das nosas , que non tiñan o día en ataque diante dun combativo rival. Arranxados os problemas rematamos o 1º cuarto xa con ventaxa 9-17. O segundo cuarto xa foi máis parecido ó xogo que despregamos esta temporada , baseado na defensa e na rápida circulación de balón, e o parcial de 6-30 deixaba ás nosas no descanso cun 15-47 e o partido resolto. Os parciais do segunto tempo (12-28 e 8-25) deixan moi clara a idea da superioridade do xogo do noso equipo diante dun rival refuxiado nunha zona durante moitos minutos do encontro.
Afinando puntería antes do partido en Riazor |
Coas juniors Adela, Celia, Saray, Tamara (que debutaba en competición senior) e Tatiana na rotación desde o primeiro cuarto e momentos en que o cinco en pista era junior (cunha media de idade que non chegaba ós 17 anos) competimos de forma positiva e , estos partidos para as máis novas deben servir para mellorar todos os conceptos do xogo, sempre apoiadas polas senior.
Destacaron todas en defensa e no ataque o ritmo de Lucía C., e a anotación de Miriam e Margarita , que están elevando a súa confianza de cara a compromisos máis dificiles.
Xogaron e anotaron: Alba (6), Miriam (16), Lucía C. (6), Mar (10), Tatiana (8), Tamara (4), Marta (10), Margarita (16), Saray (8), Adela (7) e Celia (9).
Destaca tamén o número de faltas persoais 8 só para as locais e ¡22! para as visitantes.
A vindeira xornada de novo viaxe á Coruña para enfrentarnos a ADFRO, colista da competición sen coñecer a victoria, que , de non haber cambios, será o vindeiro domingo ás 12 h.