Nova victoria a domicilio das senior
Novo partido lonxe de Burela e nova victoria das senior, esta vez en Lugo, diante do Pulpalia, equipo que a pasada temporada estivo na parte alta da clasificación (incluso con posibilidades reais de gañar a liga), pero as nosas estiveron a gran altura (27/65) e suman a sexta victoria consecutiva en seis partidos de liga.
Tempo morto en Lugo Foto: Marta A. |
Diante dun rival duro, as de Rubal debían calibrar o seu nivel despois de cinco victorias aplastantes nas primeiras xornadas e nada mellor que visitar Lugo para coñecer de forma real o nivel do equipo neste inicio de temporada.
O inicio do partido foi malo e o equipo non consigueu anotar nos primeiros 3 minutos (6/1) pero a partir da primeira canastra de Mar o panorama cambiou radicalmente e a base de defensa e velocidade ir impoñéndose a un rival duro, comandado por MJ Fernández (7 ptos no 1º cuarto dos 9 cos que rematou o partido). Non só empatamos o partido , o equipo púxose por diante 8/16 ó rematar o primerio cuarto.
O segundo cuarto sirveu para afianzar o noso xogo defensivo e de ataque e incrementar as diferencias (14-35 ó descanso), que as rivais non podían atallar coa defensa individual nin coas variantes de zona que intentaron.
A segunda metade sigueu pola mesma liña, e as rivais cunha defensa moi física (amparada na pasividade arbitral) tentaban sen éxito reducir as diferencias, que volvían a aumentar ó rematar o 3º cuarto (18/48).
Lucía C., destacada |
O cuarto final non ofreceu novidades e tivo outro parcial positivo para as visitantes para rematar o partido cun claro 27-65, que deixa clara a diferencia de xogo entre 2 equipos que o pasado curso se repartían as victorias. A única mala noticia foi a lesión de Margarita cun esguince de nocello nunha das últimas xogadas do partido.
Destacar o esforzo e actitude colectiva dun grupo que se fai cada día máis grande como equipo e que deixa os intereses individuais para centrarse no colectivo. Dobles figuras para Miriam, Lucia C., Mar e Margarita dentro dunha anotación repartida e con protagonismos das juniors.
Marga, lesionada |
Xogatron e anotaron : Miriam (11), Lucía C. (12), Mar (10), Tatiana (4), Lucía Paz (4), Marta (6), Claudia (2), Margarita (10), Adela (6) e Celia.
Parciais : 8/16 6/19 4/13 9/17 - 12 faltas, sen eliminadas
A vindeira semana ,dentro da 8ª xornada de liga, voltaremos (por fin) a xogar en Vista Alegre diante das nosas vellas coñecidas do CB Sarria, equipo co que levamos anos de sana rivalidade en categorías inferiores femininas e agora en senior.
O CB Burela mantense invicto e achégase ó liderato cada vez máis, aínda que teña un partido aprazado (8 decembro CB do Lea- CB Burela).
NORABOA ÁS NOSAS XOGADORAS