Amigables de preparación da nosa canteira
O pasado fin de semana o CB Burela tivo unha actividade intensa en forma de amigables para os equipos de base, con partidos en Burela e Ribadeo contra o CB Navia e CB Ribadeo en varias categorías.
En Burela debutaron os preminis (iniciación) contra o CB Navia cun bo resultado (14/25) para ser a primeira competición na que participaban gran parte dos seus compoñentes. Este grupo coas súas monitoras Claudia, Margarita e Lucía mellorarán ó longo deste ano e estarán ben preparados para iniciar c¡xa a competición escolar de minibasket o vindeiro ano nas mellores condicións.
Tamén en Burela se disputaron a competición en benxamíns e infantil masculino con derrotas diante dos equipos visitantes. Estos equipos, dirixidos por Lolo e Angel Cao, están en proceso de acoplamento , con moitos xogadores/as novos que , de seguro , nos darán gratas sorpresas nesta tempada. debemos lamentar a lesión do alevín Adrián Pardo, cunha fractura no brazo esquerdo, que o deixará sen xogar ata dentro dun mes.
Alevín masculino no triangular de Ribadeo |
Por último, os alevíns masculinos,dirixidos por Suso Rey, participaban nun triangular en Ribadeo, no que derrotaron con claridade ó equipo local e perderon tamán con claridade diante do equipo asturiano do CB Navia, ó non poder contrarrestar a intensidade e agresividade coa que xoga este equipo. Toca mellorar e aprender dos equipos que nos superan para competir mellor no futuro.
Este fin de semana continuamos coa preparación dos nosos equipos con dous encontros en Viveiro, onde o equipo alevín feminino e o infantil masculino se enfrentarán ó equipo local (10.30 e 12h). O equipo infantil masculino afrontrá a vindeira semana (xunto ó infantil feminino de Madar) o inicio da liga , que este ano por fin é federada e da que renderamos conta semana a semana.
Este fin de semana tamén xoga o noso equipo junior masculino dirixido por Manolo Cobas, que se despraza a Chantada para intentar estrearse cunha victoria despois de dúas derrotas no inicio da súa liga.
Por último, as seniors viaxan a Coruña paraenfrentarse ó Basquet Coruña este sábado en Riazor (20h), cun cambio de escenario ó non poder ter o pabillón de Burela, e tentarán seguir imbatidas despois de tres victorias moi amplas. O equipo viaxará con varias baixas-: Claudia, Lucía Paz, Carla Candia e Melani por diversos motivos. Podes ver as xornadas e clasificación na imaxe da esquerda.
As nosas están clasificadas en cuarta posición, cun partido menos, e xa son o único equipo imbatido da competición. O vindeiro fin de semana voltaremos a Coruña para enfrentarnos ó colista ADFRO.