miércoles, 5 de febrero de 2014

Boas noticias da canteira

Fin de semana positivo na base

   Nova xornada das categorías de base e resultados positivos en xeral para os nosos equipos de base, con boas victorias e algunha derrota previsible.
CB BURELA JR Masculino

JUNIOR MASCULINO .  
     Víctoria do equipo de Manolo (2ªconsecutiva) diante do CB Chantada por un claro 47-29 (24-14 ó descanso), o que lle permite seguir con opcións de clasificación para a segunda fase do torneo junior de 2ª división. 
    O partido iniciose de forma relaxada para os nosos e só conseguiron unha renta de 10 puntos ó descanso. Na segunda parte incrementouse a presión defensiva e mellorou a diferencia no marcador aínda que os tiros exteriores non entraron. destacaron  Cristhian (14 ptos) Miguel Moreno e Omar en ataque e Miguel Rivas no rebote. 
     Xogaron e anotaron: Diego, Martín 8, Román, Omar, Alberto, Rivas, Mario, Cristhian 14, Rafa 2, Miguel M 7, Alejandro e Angel 2.  
     Na vindeira xornada o equipo descansará  (por ser liga impar) podendo preparar mellor  as tres xornadas restantes do campionato.
Clasificación Liga junior  FGB masculina Lugo
 INFANTIL MASCULINO
     Coa visita ó líder CB Ribadeo, un equipo superior ó noso e o equipo de Angel e Rogelio viaxaba con moi poucos efectivos (5 infantís e 1 alevín) e voltou cunha derrota abultada 82-16, cunha pésima primeira parte . Tanto Angel, Diego, Brais, Marco, Noel e o alevín Alex se esforzaron pero a diferencia de potencial entre os equipos é moi grande.
      Na clasificación final de grupo rematan en segunda posición , detrás do equipo dominador CB Ribadeo.
Clasificación final Liga FGB Infantil Masculina Lugo Norte

ALEVÍN MASCULINO
     Gran victoria dos nosos en Ribadeo 31-49, cun equipo coas baixas de Miguel, Diego e Bruno pero coa colaboración e bo xogo dos benxamíns Hugo e Antón. Destaca o feito do protagonismo dun árbitro nun partido de minibasket, pero o feito de non pitar as reiteradas violacións técnicas (pasos, dobles...) provocou as faltas técnicas ó noso adestrador Suso, co que antes de retirar ó equipo de partido se decideu para o xogo (non había posesións de 24"). Despois do descanso, e xa con posesións de 24" (non se entende que haxa dúas normas para un mesmo partido) un dos árbitros decideu pitar con normalidade e o partido foi normal, coa superioridade dos nosos en ataques rápidos e co colapso en ataque dos locais. 
    Só queda unha xornada, na que os nosos se xogan a 1ª posición co CB Viveiro (temos unha sanción por irregularidades de alineación), e enfrentámos ó outro alevín do CB Burela (Mixto).

ALEVÍN MIXTO
      Derrota do alevín mixto diante do CB Viveiro 29-57 en Vista Alegre, nunha mala primeira parte na que os de Viveiro colleron unha ventaxa xa definitiva. Erros no pase e no tiro e moita precipitación impediron ó equipo de Lolo poder competir diante dun equipo que dispoñía de xogadores moi físicos. O equipo acumula experiencia nesta liga para poder competir no futuro con máis garantías de éxito.

ALEVÍN FEMININO ESCOLAR
Alevin Feminino Escolar de Lolo 
    As de Lolo viaxaban a Mondoñedo para xogar diante do Lourenzá-Mondoñedo e poder recuperar os puntos perdidos na 1ª xornada en Burela. E así foi, co trío Carla-Jimena-Nuria ó mando das operacións o equipo venceu con autoridade ás locais por un claro 9-35. Esperamos que encontrasen o camiño que as leve a poder diputar a liga .

BENXAMÍN MASCULINO A
    Derrota mínima do equipo A de Manolo en Ribadeo 57-52, nun partido en que tanto Pablo como Hugo non tiveron as forzas  suficientes para aguantar un partido con pouca rotación. Novamente destacar a falta de criterio arbitral á hora de señalar violacións do reglamento. 
     O equipo sigue en 1ª posición cunha victoria de marxe diante dos de Ribadeo e do benxamín B do Cb Burela , e a vindeira xornada enfréntase co Benxamín B en Burela

BENXAMÍN MASCULINO B
    Victoria dos de Burela diante o CB Viveiro en Burela, 31-26, na que Antón manexou o partido e así chegan ó último partido con opcións de clasificación.