Decimoquinta victoria das senior
Nova xornada (15ª) da 2ª Senior Feminina FGB e nova victoria das nosas diante do CB Cambre (62-58). O equipo feminino, dirixido por Rubal volvía a xogar en Vista Alegre nun horario raro (11h. domingo), debido ós problemas das visitantes para xogar o sábado e ó partido das nosas junior en Lugo pola tarde.
O equipo visitante presentábase en Burela para lavar a imaxe do partido de ida (49-117) no que as nosas ofreceron o seu mellor baloncesto do ano. O resultado era moi abultado pero non reflexaba o potencial do equipo de Cambre, un equipo ben dirixido, con xogadoras de gran calidade ofensiva e máis intenso que outros rivais da categoría.
O inicio parecía volver a ofrecer unha imaxe moi favorable ás nosas (19-4, min 8) pero os erros nas transicións e contraataques impediron romper o partido ó final da 1º cuarto (19-8). Boa defensa e mellor circulación de balón daban as primeiras ventaxas ás nosas. O segundo cuarto ofreceu unha mala imaxe das nosas, moi desacertadas en ataque e blandas na defensa, permitindo ás visitantes acercarse ata un 30-24 ó descanso.
Lucía Carabán, omnipresente |
As segundas partes son sempre o escenario perfecto para as nosas, onde impoñen a diferencia de ritmo coas adversarias, pero esta vez as visitantes cunha Jessica estelar seguían reducindo as diferencias ata colocarse por diante (36-37), con momentos graves de concentración cun criterio arbitral polo que houbo que recompoñer liñas, chamar á eficiencia defensiva e volver a correr, polo que xogamos os mellores momentos do partido deixando a diferencia a falta de 1 cuarto en 53-43. arecía xa resolto o partido pero non era o día das nosas, desquiciadas e cargadas de faltas , permitindo que as coruñesas voltasen a reducir as diferencias ata os 4 puntos finais (62-58).
O horario vespertino, a falta de adestramentos por semana por culpa dos temporais, o criterio desconcertante arbitral, a calidade das visitantes... podían ser atenuantes para este partido gris das nosas, pero a realidade signuifica que sin a agresividade e forza habituais somos un equipo da parte alta pero non somos imbatibles. tamén lle da moito valor á nosa traxectoria, pouco valorada pola diferencia coas rivais, baseada no esforzo e sentido colectivo do noso grupo, tanto das veteranas como do grupo máis numeroso de xogadoras por debaixo de 20 anos, valor endadido de este equipo.
Destacou Lucía Carabán en todas as facetas do xogo e o esforzo de todas (aínda que esta vez falto do acerto habitual).
Xogaron e anotaron : Miriam 7, Lucía C. 16, Mar 6, Tatiana 6, Marta 3, Claudia, Margarita 12, Adela 7 e Celia 5.
Parciais: 19-8 / 11-16 / 23-19 / 9-15 24 faltas, sen eliminadas
Toca traballar e mellorar para vindeiros partidos, o vindeiro de novo en Burela (seguramente sábado) contra Basquet Coruña (6 victorias, pero as 3 últimas xormadas gañando).