Base: valiosa victoria en Sarria dos juniors
Enorme partido e valiosa victoria dos junior en Sarria, cun resultado final de 38-52, o que permite ós de Manolo ter asegurada unha praza das 4 primeiras para a segunda fase, sempre e cando gañe ó Val do Lemos en Burela fin de semana do 8/9 de marzo.
O equipo junior sacou pequenas ventaxas ó longo do partido e soupo aguantar ós locais (que gañaran en Burela, pero que están atravesando un bache de xogo e resultados) e poder chegar ó final do partido sen apuros.
A defensa foi o aspecto máis salientable do equipo e fai que os nosos sacasen 4 victorias dos 5 últimos partidos, mellorando os números unha vez o equipo está máis conxuntado.
BENXAMÍNS FGB
CB Burela Benxamín A 55- CBViveiro16, victoria contundente do equipo que dirixe Manolo diante dun rival moi inferior.
CB Burela Benxamín B 33- CB Ribadeo 61, derrota clara dos de Lolo diante do equipo situado en 2ª posición, Antón sigue a liderar este grupo pero necesita máis xogadores que aportesn na ofensiva
BENXAMÍN ESCOLAR
Gran victoria das benxamíns que dirixe Margarita diante dun CB Viveiro moito máis físico , pero nesta segunda volta as nosas nenas melloraron o seu rendemento e déronlle volta á derrota clara que sufriran en Viveiro. Destacou Julia con 12 puntos e a participación das prebenxamíns Cecilia e Marta nun partido que rematou con 26-18 para as nosas.
ALEVÍN ESCOLAR
Victoria clara diante o Lourenzá no Monte Castelo 52-28, con progresos evidentes das alevíns, que nos fan albergar novas esperanzas para o remate da liga.
INFANTIL FGB
Derrota clara das femininas en Sarria 56-29, pagando o mal inicio do partido e a superioridade do equipo rival. En xeral moi boa actitude dun grupo infantil que vai a máis e que espera dar guerra nesta fase provincial.
Derrota dos infantís en Burela diante do CB Ribadeo, un equipo superior en número e calidade dos seus xogadores . O resultado 37-88 deixa clara a diferencia de nivel e para os nosos, nos que só deu a cara Marco, esta fase debe ser unha fase de aprendizaxe para o futuro.