MINIBASKET: CLASIFICADOS PARA A LIGA FGB
Por primeira vez na historia do noso clube un equipo de canteira chega á 1ª división das ligas da Federación Galega. O equipo alevín masculino pola súa clasificación como terceiros no provincial, foi convidado a participar no grupo Norte da Liga FGB de minibasket.
Despois dunha clasificación impecable na costa , cun pleno de victorias (pero cunha sanción por un erro nas rotacións no seu primeiro partido), e unha fase final en Vilalba na que só o equipo favorito (Estudiantes de Lugo) o deixou fora das final, o terceiro posto permiteu recibir esta invitación para participar na Liga Norte de Minibasket, xunto cos outros dous equipos de Lugo, dous equipos de Ferrol e un equipo da delegación de Coruña.
O vindeiro 9 de marzo se inicia en Burela unha liga (6 equipos, 10 partidos) que nos permitirá ver ós mellores xogadores minios do Norte de Galicia, e que é un rotundo éxito para a política de canteira e formación do noso humilde clube.
Debemos felicitar ó adestrador, Suso Rey, ós 10 xogadores alevíns e 3 benxamíns que participaron no éxito, xunto ós seus pais/nais que os acompañan e o resto de adestradores que fixeron posible esta clasificación.
Podes ver a foto dos integrantes do equipo, podendo agrandar a imaxe facendo doble clic sobre ela.