Gran fin de semana de MINI
Moita actividade para os máis pequenos, desde iniciación ata alevíns, con bos resultados e enfrentamentos entre os dous equipos do clube en benxamíns e alevíns.
- INICIACIÓN, cun partido de caracter amigable coa ACD Xove, que só presentou 6 nenos (por 13 dos nosos/as), partido divertidísimo con detalles por parte dos maiores (2006-2007), canastas de todo tipo e un resultado favorable de 36-18 (o resultado é o menos importante). Gran ambiente nas gradas, 48 minutos de partido, unha experiencia máis que anime ós máis pequenos a seguir adestrando e detalles de algúns nenos e nenas que os sitúan xa nas órbitas dos nosos equipos benxamíns.
|
Todos os nenos, adestradores/as e árbitro ó rematar o partido |
|
Benxamín escolar en Mondoñedo |
- BENXAMÍN ESCOLAR FEMININO, coa visita a Mondoñedo para xogar contra o Lourenzá-Mondoñedo, visita que supón a primeira victoria de este grupo (30-46), cun bo partido en xeral e a aportación de Julia en particular, dando esperanzas de cara ós seguintes partidos de competir e pelexar pola victoria. Lamentablemente non temos clasificións actualizadas (a 3 de febreiro) na web do campionato (http://agrupacionamarina.blogspot.com.es/). Un equipo novo en construcción que dará alegrías en breve.
|
Resultados, clasificación e seguinte xornada |
- BENXAMÍN FEDERADO, cun interesante partido entre os 2 equipos do noso clube, coa victoria do equipo máis grande por 49-36, coa demostración dos progresos dos máis inexpertos e a calidade individual de Hugo e Pablo no A e antón no B. O equipo A segue líder en solitario (coa amenaza do CB Ribadeo) e o equipo B está nunha consolidada terceira posición.
- ALEVÍN FEDERADO, outra alegría para o Clube Baloncesto Burela, pois ó equipo A lle facía falta a victoria para quedar en primeira posición , e así desde o primeiro minuto xa marcaron diferencias e o resultado final foi 66-15 cunha boa actuación do conxunto, moita anotación repartida e unha boa imaxe. O equipo B nunca tivo opcións pola diferencia física cos maiores e só chispazos de Nuria, e sobre todo, de Pablo Fdez. crearon algún problema ó equipo A.
|
Clasificación final alevín na Liga Norte |