CB Burela : 3º posto no provincial alevín de Vilalba
O noso equipo alevín masculino A, adestrado por Suso Rey e Rubal, disputou este domingo en vilalba a fase final provincial alevín xunto a outros 3 equipos da capital da provimcia: Estudiantes, Cidade de Lugo e ANPA Rosalía de Castro.
Os emparellamentos da delegación lucense supoxeron que os nosos se enfrentasen ón todopoderoso Estudiantes Leyma Natura, un equipo completo (que recolle ós mellores xogadores de minibasquet de Lugo) mentras na outra seminfinal se enfrentaban Cidade e Rosalía (con victoria apurada para Rosalía nos minutos finais). O noso equipo ademáis contaba coas baixas de Diego (motivos persoais) e de Miguel por lesión, dando entrada ós benxamíns que nos axudaron na liga da costa (Pablo F., Antón e Hugo).
O partido contra Estudiantes só tivo historia durante o primeiro cuarto rematou 7-6 para os lucenses , pero nos seguintes cuartos se iban distanciando pola rotación completa da que dispoñía, unha superioridade física evidente (había 3 ou 4 xogadores que tiñan moita máis altura que os nosos), e ademais contaban coa colaboración dun criterio arbitral que non castigaba as violacións técnicas que lles daban ventaxa nos 1x1. Con todo , despois de 2 cuartos malos, a diferencia non era definitiva (36-18) no descanso, diferencia que se agrandou polas dúas técnicas sucesivas coas que os árbitros nos castigaron pola incomprensión do devandito criterio técnico de pasos e dobles.
Rubal, David, Iván, Alex, Pablo R.,Bruno, Miguel , Suso Antón, Cristian, Adrián, Hugo, Pablo F.,Xoel |
En ataque, dentro da pouca anotación, destacaron Alex, Pablo R. e sobre todo Cristian con 9 puntos .
Xogaron: Adrián 2, David, Bruno, Alex 9, Pablo F, Hugo, Xoel, Iván, Pablo R 9, Cristian 9 e Antón 2.
Pola tarde tocaba enfrentarse ó Cidade de Lugo, equipo dominador na súa liguiña e que empezaba o partido con ventaxas polos triples (4) que anotaban no 1º cuarto (15-11). O segundo cuarto despois de estar 18-12 perdendo se diexou ver a mellor das versións do noso equipo e cun parcial de 0-14 se poñía por diante no 2º cuarto e remataba o terceiro con ventaxa de CB Burela 24-39. Despois do descanso os lucenses apretaron en defensa e reduciron as diferencias por debaixo dos 10 puntos e nos dous últimos cuartos os nosos conseguiron aguantar a presión dos capitalinos a toda cancha e non dar opcións de baixar de 6 puntos de diferencia para rematar cunha boa victoria dos nosos por 53-64.
Alex, enorme, no tiro libre con Iván e Cristian ó rebote |
Xogaron: Adrián 9, David 5, Bruno, Alex 14, Pablo F 2, Hugo 5, Xoel 6, Iván, Pablo R 7, Cristian 6 e Antón 9.
Acabamos de saber que a delegación lucense só ten 2 prazas para clasificarse para a Liga Galega ( o resto de delegacións teñen 3 prazas) polo que os nosos quedan fora, pero debemos estar orgullosos dos nosos rapaces. NORABOA
Tamén agradecer ós pais/nais e familiares que nos axudan cada día e que non pararon de animar con moita forza durante todo o día e que son partícipes do éxito duns nenos que o gañaron todo na costa e que están a bo nivel na provincia. GRACIAS