sábado, 8 de noviembre de 2014

DEBUTAMOS EN PRIMEIRA CON DERROTA


      Gran partido en Vista Alegre no que o CB Burela debutaba en 1ª Autonómica diante dun potente rival, Universitario de Ferrol, dirixido por un histórico dos banquillos (Miguel Maseda), con xogadoras que alternan o equipo de autonómica con adestramentos e partidos de Liga Femenina.

     O partido empezouse con nervios das nosas e co gran acerto rival na liña de 3 puntos (4/4) que daba ventaxas claras ás ferrolanas (2/10) rematando o cuarto cun claro 8/19 a favor das visitantes.

      O equipo de Rubal pareceu despertar e realizou un gran segundo cuarto, cunha boa defensa que non permiteu máis lanzamentos exteriores e un xogo coral de ataque que buscaba ás pívots cerca do aro, remontando no marcador ata un esperanzador 26/28 ó descanso.

Marta Cifu
       Na reanudación despois de minutos inde as de Burela dispuxeron de varios empates e posesións para mandar no marcador, as ferrolanas aproveitaron uns minutos de atasco en ataque das locais e con varios roubos voltaron a poñer puntos de ventaxa ó final do cuarto 34/42.

      O equipo local intentou con defensas alternativas romper o ritmo das ferrolanas , conseguindo parar o ataque pero as pérdidas de balón en ataque e dous triples casi seguidos impediron rebaixar a desventaxa de 4 puntos, polo que o carrusel de tiros libres deixou a diferencia final en 7 puntos (44/51).

     Unha verdadeira mágoa para o adestrador local as canastras falladas desde cerca e os fallos en tiros libres, que de non producirse , poderían levar as locais a darlle a volta ó marcador. Destaca tamén o esforzo das xogadoras, con Margarita bastante mermada no seu rendemento, e o debút das máis novas en esta esixente categoría. 

     Por parte ferrolana destacou o reparto de puntos das xogadoras, o acerto desde a liña de 3 puntos e a paciencia nos seus ataques buscando os mellores tiros.

      Destacou o traballo de Mar nas dúas zonas e a incansable capitana Marta Cifu nas transicións.

  Xogaron e anotaron : Salo, Marta A., Mar (10), Laura, Tania, Marta Cifu (8), Fátima (4), Lucía C. (7), Margarita (9), Adela (4), Celia (2).

     21 faltas , eliminadas Margarita e Marta Cifu.  Cuartos: 8/19   18/9    8/14   10/9

    Toca seguir traballando, por diante dúas semanas de adestramentos (descansamos o vindeiro fin de semana), para ir a Pontevedra para enfrentarnos ó Arxil.