Dúas victorias para os de Manolo
Moi boa xornada para os de Manolo, con dúas victorias en Vista Alegre:
- SENIOR MASCULINO, victoria diante o CB Becerreá cun marcador 62-50, pero que garda certos matices: Un xogo irregular que daba unha renda de 9 puntos ó descanso, un gran terceiro cuarto e un mal final onde se lle deixa ó rival achegarse a 6 puntos , aínda que a victoria non correu perigo.
Xogaron: Pablo Fdez. (16), Gabi (4), Samuel (3), Pablo R.(4), Kike, Juan, Héctor (4), Adrián (1), Jacobo (19) e Ángel (11). Destacaron en anotación Jacobo, Pablo Fdez e Angel , para conseguir a primeira victoria da temporada, para viaxar a Lugo na vindeira xornada para enfrentarse ó líder de grupo: Arrocería Os Cachivaches.
Os equipo posando xuntos en Vista Alegre - JUNIOR MASCULINO, nova victoria contra CB Chantada en Burela por 50-47, nun partido con moitas fases, dominio local no 1º cuarto , segundo cuarto desastroso (chegaron a ir perdendo 12-26), gran terceiro cuarto e final malo onde incluso tivo o CB Chantada a oportunidade de levarse a victoria nos últimos segundos. Destacou o monopolio ofensivo de Cristhian (19 ptos.) e volveron a notar a ausencia do enfermo Alvaro Ferreira. Xogaron: Angel (3), Román, Cristhian (19), Miguel (9), Damián (12), Noel, Mario e Rafa (7). O CB Burela mantense 4º e terá a oportunidade de seguir escalando na clasificación o vindeiro sábado (18h) en Lugo enfrentándose ó 3º clasificado (Estudiantes 98) que ten o mesmo nº de victoria e derrotas que os nosos.