Fin de semana malo para os grupos infantís
Nova xornada das ligas infantís e dobre derrota en Burela para os dous equipos, que deben mellorar para non perder as opcións de entrar nos grupos que pelexarán polo título provincial.
- INFANTIL FEMININO, derrota moi clara diante dun Ensino Salesianos que mostrou unha superioridade desde o inicio e afogou coa súa presión defensiva e o seu ritmo en ataque ás nosas. Andrea con 12 puntos e a constante pelexa de Carla non abondaron nun equipo que debe dar un paso ó frente para competir na categoría. O vindeiro domingo, 12h en Burela, terán unha nova oportunidade de medirse ó CB Ribadeo, que está invicto nas dúas xornadas disputadas. Xogaron: Aida, Carla (8), Ainhoa, Andrea (12), Jimena (4), Irina (2) e Kesia (4).
Quinteto infantil masculino nun partido - INFANTIL MASCULINO, mal partido e derrota diante Celtas Martínez (39-45)moi superior en físico, con moitos erros e dificultades en ataque e defensa. Con todo, unha reacción final levou a rebaixar a diferencia de 12 puntos a 2 pero foi insuficiente para darlle a volta ó marcador. Deben adaptarse á filosofía defensiva do seu novo adestrador (Madar) así como ó traballo coral en ataque que faga que se adapten ó baloncesto en canastras grandes. Xogaron: Diego Pardo/5, Adrián/6, David/2, Diego M /4, Juli /9, Xoel, Alex, Pablo /2, Bruno /2 e Angel /9. Notaron as ausencias de Cristian e Alberto así como a indisposición de Antón e a lesión nun dedo de Alex.