As infantís rozan a victoria
Aida |
O equipo infantil feminino, dirixido por Madar, perdeu en Burela contra as ED Lourenzá por 34-36, nun partido onde as nosas notaron a reducida rotación da que dispoñen e non souperon atacar a eterna zona visitante. Este equipo infantil deberá empregarse a fondo nos adestramentos para aumentar o seu ritmo de xogo, que ademáis se ve lastrado polo reducido número de xogadoras que producen no aspecto ofensivo, o que as fai máis vulnerables.
Destacaron Carla e Aida en ataque.
O ataque de zonas non é algo que este equipo entrene pois é unha defensa que non fai mellorar as xogadoras nin en ataque nin en defensa, e as infantís deben mellorar día a día.
O vindeiro fin de semana inician a 2ª Dicisión Infantil Feminina coa complicada visita a Lugo contra o Estudiantes 02, partido programado para o sábado ás 18h.