3 DERROTAS CONTRA MARTÍNEZ OTERO
Mal fin de semana para os noso equipos escolares, con 3 derrotas contra o Colexio Martínez Otero de Foz, en categoría alevín e benxamín.
Equipo Alevín Feminino con Madar e Margarita |
- BENXAMÍN FEMININO, derrota en Foz, por un axustado 37/35, nun partido dominado polas nosas xogadoras ata os últimos minutos, onde o equipo de Foz (mixto), sacou ós mellores xogadores no último cuarto, deixando ós nenos máis pequenos sen xogar.A npsa adestradora, Margarita reparteu os minutos e deulle entrada á prebenxamín Alicia que anotou unha canastra.
- BENXAMÍN MASCULINO, derrota en Burela moi clara do equipo de Lolo, 24/55, nun partido igualado ata o descanso, pero que dous cuartos sen casi anotación decantaron o partido para os visitantes.
- ALEVÍN FEMININO, derrota en Foz das nenas de Madar cun marcador máis abultado (48/34) do xogo que se veu en Foz. as nosas sempre foron a remolque no marcador pero con diferencias pequenas, salvo no final no que as locais incrementaron a súa anotación. Moitas rotacións das nosas e participación de varias benxamíns no equipo. Tamén destaca a ausencia de Claudia, lesionada, que mermou considerablemente a rotación.
Os resultados non deben importarnos demasiado porque está por encima a progresión técnica de todas as xogadoras , o xogo clectivo por encima das individualidades e a capacidade dos e das mellores de axudar ós seus compañeiros/as.