Primeira victoria do CB Burela en 1ª Autonómica na difícil pista do Arxil de Pontevedra (53-55), victoria do equipo dirixido por Rubal de moito mérito diante dun clube cunha gran estructura e tradición no basket feminino galego e dun equipo que trata de ter xogando en autonómica ás mellores das súas juniors e de dar ritmo e experiencia ás xogadoras senior para poder axudar ó equipo de LF2.
Lucía Carabán |
O partido empezaba cunha intensidade defensiva enorme do equipo local, con continuos contactos en defensa que as fixo acumular faltas persoais e ter que optar por defensas máis conservadoras mentras as nosas xogadoras buscaban un ritmo defensivo constante e a búsqueda de transicións coas que desbordar ás locais. A igualdade ó rematar o 1º cuarto foi grande 11-12, e o segundo cuarto foi parecido pero un arreón final local facía que chegasen cunha lixeira diferencia ó descanso 27-23. Marta Cifu con 10 puntos era a xogadora máis destacada. Os erros nos tiros libres (3-13) pasaban factura ás nosas pero deixaba o partido aberto para a segunda parte.
Fátima e Celia |
Destacaron todas polo esforzo defensivo (algunhas das rivais xa xogan en LF2) e pola paciencia e criterio no ataque, pero debemos dar especial mención a Lucía Carabán, omnipresente en todas as facetas do xogo), Marta Cifu (rápida e consistente) e a aportación das xogadoras máis novas (Celia e Adela) cando partido estaba máis complicado.
Xogaron: Mar (7), Marta Cifu (12), Adela (5), Fátima (2), Lucía Carabán (13), Marga (12) Tania, Laura e Celia (4).
19 faltas (eliminada Marga min. 37) Parciais : 11-12 / 16-11 / 12-14 / 14-18