Victoria a domicilio en Lugo contra Estudiantes
Terceira xornada da liga infantil masculina e segunda victoria do CB Burela, ó superar a Estudiantes de Lugo por 39/46 no Anexo do Pabillón Universitario de Lugo.
Angel entrando a canastra en Lugo |
Partido moi intenso pero de pouca calidade, con moitas imprecisións e pérdidas de balón, pero xogado a unha velocidade alta. Os nosos despois dun primeiro cuarto igualado, chegaron ó descanso cunha renda de 9 puntos (19/28) despoi dun cuarto brillante que nos deu a idea do potencial de este grupo (9/18).
A segunda parte , chea de imprecisións e decisións precipitadas, sempre foi controlada polos nosos, pero cun xogo irregular que deberán mellorar de cara a vindeiros compromisos máis comprometidos. Destacou Diego Pardo aínda que os seus fallos desde a liña de tiro libre deberán ser correxidos.
Na clasificación seguimos segundos detrás do imbatido CB Ribadeo e na vindeira xornada recibimos ó Celtas Martínez de Foz, previsiblemente o domingo no Monte Castelo (19h.) nun horariop aínda non confirmado.
A victoria contra os de Foz nos daría moitas opcións imcluso de disputar a liga contra os de Ribadeo, pero unha derrota complicaría o grupo bastante.